CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

O doutor Pardiñas López asistiu ao XXXI Congreso de Implantoloxía Oral

Durante os días 3,4 e 5 de outubro celebrouse en Tokyo (Xapón) a edición número 31 do Congreso Internacional de Implantoloxía Oral, centrado no futuro desta práctica clínica.

Todos os asistentes recibiron unha formación de calidade impartida por relatores con ampla experiencia clínica e formación académica. Entre os asistentes estivo o doutor Simón Pardiñas López, que presentou un estudo sobre un caso clínico.

Aínda que as presentacións de casos clínicos foi un dos tópicos principais de docencia, tamén houbo espazo para as técnicas cirúrxicas e protésicas, dando unha oportunidade aos relatores de presentar as súas últimas investigacións publicadas.



Ao longo do meeting tratáronse os seguintes temas:

    - Técnicas rexenerativas para uso en implantoloxía oral.

    - Revisión da ortodoncia en implantoloxía.

    - Procedementos cirúrxicos efectivos en estética dental.

    - Como realizar unha práctica dental exitosa.

    - Revisión sobre as necesidades e opcións de enxertos.

    - Novos protocolos para a elevación de seo.


En Clínica Pardiñas temos claro que a formación continuada é unha ferramenta indispensable para ofrecer sempre o mellor servizo aos nosos clientes.

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica