CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

80 millóns de bacterias en cada bico

Un estudo recente sostén que nun bico francés de dez segundos de duración se transmiten ata 80 millóns de bacterias. Con bico francés referímonos a aquel que leva consigo un contacto entre as linguas e un intercambio de saliva, unha manifestación habitual de cariño en máis dun 90% das culturas.

O estudo, elaborado pola Organización Holandesa de Investigación Científica Aplicada, tomou como mostra a 21 parellas, quen previamente encheran un cuestionario acerca do seu hábitos en materia de bicos.

A investigación conclúe ademais que a flora bacteriana dunha parella ten moitos máis elementos compartidos que a de dúas persoas ao azar, aínda que isto non é só unha cuestión de bicos xa que, en liñas xerais, as parellas adoitan ter hábitos de vida en común.

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica