CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

A saliva e a súa importancia na saúde

Aínda que coidásemos ao máximo a hixiene dental, se non fóra pola saliva, os dentes podrecerían e a boca infectaríase. Descobre a importancia da saliva.Lavarse os dentes e usar enxuague e fío dental é fundamental para manter unha hixiene bucal axeitada. Con todo, estes procedementos por si sós non son capaces de eliminar todos os microbios da boca, e é necesaria a colaboración da saliva para manter a boca libre de xermes.

E é que a saliva está composta por unha mestura de enzimas, reguladores, anticorpos e nutrientes que actúan contra os organismos patóxenos, aínda que tamén é un aliado fundamental no proceso de traballo dos dentes e das enxivas.

As enzimas presentes no interior da saliva inician o proceso de dixestión dos alimentos. O seu labor principal é descompoñer os hidratos de carbono en unidades máis pequenas e azucres simples. Precisamente estes azucres son utilizados polas bacterias para alimentarse e producir ácidos, pero a saliva regula o pH da boca evitando o desenvolvemento destes ácidos.

Ademais desta función dixestiva e antibacteriana, a saliva tamén se compón de iones minerais, especialmente de calcio e fosfato, que son os ingredientes dos que se compoñen os dentes. Desta maneira a saliva axuda a remineralizar os dentes e a reparar pequenas lesións no esmalte.

A importancia da saliva é tal que o corpo produce ao redor dun litro de saliva diaria, e a secreción aumenta durante as comidas. Para xerar a cantidade adecuada de saliva é moi importante manterse hidratados. Hai que ter en conta que pola noite a produción de saliva párase ou se reduce ao mínimo, razón pola cal ás veces un espértase coa boca totalmente seca mesmo con mal alento.

Como vedes, a produción da saliva é fundamental para manter a saúde bocal, aínda que de seu non é suficiente e é por iso que a hixiene dental diaria é tan importante.

Dr. Simón Pardiñas López

Dr. Simón Pardiñas López