Adaptación e acostumamento

  • Notará unha sensación de ocupación ou corpo extraño, que normalmente desaparece nunhas semanas.
  • Aumentaralle a producción de saliva, aínda que se irá normalizando aos poucos.
  • Experimentará unha disminución do sentido do gusto, que se recuperará ao cabo dunhas poucas semanas.
  • Cambiaralle un poco a fala, podendo existir problemas fonéticos para pronunciar algúns sos. Por iso, probablemente necesitará un adestramento para aprender a vocalizar certas palabras; o que habitualmente se consegue nunhas poucas semanas.
  • É probable que se morda fácilmente nas fazulas e a lingua, pola súa tendencia a introducilas nos espazos onde faltan dentes, pero en pouco tempo aprenderá a evitarlo.
  • Pode notar algunhas molestias nas zonas onde se apoian as próteses, sobre todo á altura dos bordos. Sieaumentan ou non ceden ao cabo de catro ou cinco días, e se se lle forman feridas, debe acudir á consulta.
  • Probablemente se lle movan moito as próteses ao comezo, sobre todo ao comer. Deberá aprender a masticar simultaneamente dos dous lados, e non dun só, como faría cos dentes naturais. Con iso, e cos sucesivos axustes do engranaxe dos dentes que puideran ser necesarios e lle iremos realizando na consulta, experimentará melloría. Con todo, a prótese inferior, salvo raras excepcións, nunca se suxeitará satisfactoriamente.