Adaptacion e acostumbramento

  • Notará unha sensación de ocupación ou corpo extraño, que normalmente desaparece nunhas semanas, ao afacerse a ela.
  • Aumentaralle a producción de saliva, aínda que se irá normalizando aos poucos.
  • Cambiaralle un pouco a fala, podendo existir problemas fonéticos para pronunciar algúns sons, polo que probablemente necesitará un adestramento para aprender a vocalizar certas palabras, o que habitualmente se consegue nunhas poucas semanas.
  • É probable que se morda fácilmente nas fazulas e a lingua, pola súa tendencia a introducirse nos espazos onde faltan dentes, pero en pouco tempo aprenderá a evitarlo.
  • Pode notar algunhas molestias nas zonas e as enxivas onde se apoian as próteses, sobre todo á altura dos bordos (se aumentan ou non ceden ao cabo de catro ou cinco días, e se se lle forman feridas, debe advertírnolo e pedirnos inmediatamente consulta).