Adaptación e acostumbramento

Tras a colocación da prótese precisará dun período variable de tempo para habituarse á nova situación.
Poderán notar os seguintes síntomas leves, de fácil e rápida recuperación:
  • Sensación de presión. Pódese apreciar cando se coloca por primeira vez a prótese sobre os implantes. Irá remitindo espontaneamente.
  • Dificultade para pronunciar determinados sons: é aconsellable que lea en voz alta fronte un espello e se escoite. Desta forma en pouco tempo adquirirá unha fala clara e fluída.
  • Sensación de ocupación ou corpo extraño que desaparecerá por sí soa debido a que a lingua e as mucosas adaptaranse aol espazo da nova situación.
  • Lixeiro e transitorio aumento da cantidade de saliva.
  • Mordisqueo de fazulas e de lingua.
  • É posible que note un lixeiro cambio na súa apariencia e expresión derivado da súa rehabilitación, en poucas semanas acostumbrarase á súa nova imaxe.