Adaptación e acostumbramento

As próteses removibles non son meros instrumentos mecánicos, senón que trasmiten forzas aos dentes, ás enxivas e ao óso, polo que requiren un especial coidado de adaptación, cuxa duración varía segundo as persoas e as próteses (normalmente, varias semanas).
 
Ao final, seguramente non terá consciencia de levar próteses, pero é necesario que teña paciencia e que, durante este periodo de acostumbramento, acuda á consulta para realizar as adaptacións e correccións que sexan necesarias.
  • Notará unha sensación extraña, de ocupación, que irá desaparecendo paulatinamente.
  • Producirá máis saliva do normal, o que tamén se normalizará aos poucos.
  • Notará disminución do sentido do gusto, pero recuperarase ao cabo de unhas poucas semanas.
  • Pode ter algunhas dificultades na pronunciación, debido ao espazo que ocupa a prótese. Para corrixilas más rápidamente, é aconsellable adestrarse a ler ou falar fronte a un espello, sempre en voz alta.
  • É probable que se morda facilmente nas fazulas e a lingua, pola súa tendencia a introducirse nos espazos onde faltan dentes, pero en pouco tempo aprenderá a evitalo.
  • É posible que perciba opresión ou dor en dentes e enxivas (sobre todo ao morder ou pechar a boca), que tamén adoitan desaparecer en pouco tempo, a medida que «encallecen» as mucosas e os dentes naturais remanentes se adaptan ás forzas que reciben.