CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

O Dr. Pardiñas López participou no Meeting Anual da Academia de Oseointegración Americana celebrado en Seattle.

O Dr. Pardiñas López participou no Meeting Anual da Academia de Oseointegración Americana celebrado en Seattle.O meeting anual da Academia de Oseointegración tivo lugar en Seattle os pasados días 6, 7 e 8 de Marzo de 2014 e congregou a máis de 1500 profesionais de todo o mundo. Durante estes días realizáronse sesións intensivas de aprendizaxe para todos os profesionais interesados en obter os últimos coñecementos e avances de mans dos mellores profesionais e investigadores no campo da implantoloxía.

Este ano o tema "Problemas Reais: Solucións Reais" enfocouse en como diagnosticar, tratar e previr problemas que existen frecuentemente, especialmente en casos antigos de implantes. Esta foi unha excelente oportunidade para aprender do pasado para poder proporcionar un mellor servizo e calidade aos nosos pacientes, tanto actualmente coma no futuro.

           

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica