Actualidade

Balance do curso de Implantoloxía e Periodoncia

Os pasados 28, 29 e 30 de abril, as instalacións da Fundación Clínica Pardiñas acolleron un curso de Implantoloxía e Periodoncia con alumnos e profesores de máximo nivel de varios recunchos do mundo. A formación foi impartida polo Dr. Paulo Mesquita (Brasil), o Dr. Ismael Khouly (Estados Unidos) e o Dr. Oreste Iocca (Italia), todos eles magníficos profesionais e persoas, quen ademais fixeron o esforzo de vir desde os seus países de orixe. Entre os conferenciantes tamén estivo o Dr. Simón Pardiñas, un dos dentistas da nosa clínica dental. O curso contou con máis de 20 asistentes. Os alumnos tiveron a oportunidade de poñer en práctica todo o aprendido durante eses 3 días realizando prácticas en cabezas de animais, ademais de realizar 2 cirurxías en directo retransmitidas por streaming en YouTube.

Aproveitamos esta publicación para agradecer a Implanteperio, Inibsa, Dentariel e Nobel Biocare, pola súa colaboración na organización do curso. E, por suposto, dar as grazas a Bodegas Valdelana pola magnífica cata de viño Rioxa coa que puxemos o broche final ao evento e á que acudiron máis de 50 persoas.

Con este exitoso curso damos por inaugurada a sala de conferencias da Fundación Clínica Pardiñas. Esperemos ofrecer pronto novas formacións e con elas tratar de continuar mellorando o servizo aos nosos pacientes.

 

Compártao

Moitas enfermidades comúns empezan na boca

Infartos, diabetes, artrites, demencia, cancro… e outras enfermidades comúns poden ter a súa orixe na boca. Aquí explicámosvos esta relación.

Ler máis

Remedios caseiros para dez problemas bucais frecuentes

Estes remedios caseiros poden axudar a facer máis levadíos os síntomas dalgúns dos problemas bucais máis frecuentes. Toma nota!

Ler máis

As consecuencias do consumo de drogas na saúde oral

As drogas son prexudiciais para a saúde xeral, pero poden afectar especialmente á boca. Estas son as principais consecuencias das drogas na saúde oral.

Ler máis
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía máis grande a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 80 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes, ademáis de información sobre procedementos, enfermidades e curiosidades dentais.

Logo Dentalk

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental