CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

O sorriso e os seus significados ao longo da historia

Vedes algo raro neste cadro? Aparentemente, non. Non parece un estilo artístico moi diferente e a escena representada é habitual en pintura. Non obstante, este autorretrato de Marie-Lousie-Elisabeth Vigée-Lebrun coa súa filla (1786) foi bastante polémico na súa época. A que se debía? A que detrás do sorriso da nai se deixan ver uns dentes brancos. Pois si, algo tan aparentemente normal na actualidade, foi unha pequena revolución naquel momento. E é que se nos trasladamos a esa época, onde a hixiene dental non existía, a boca era máis ben un foco de enfermidades e infeccións, un pozo sen fondo. Iso traduciuse en que, aínda que o sorriso é unha reacción natural no ser humano (mesmo os nosos antecesores os monos abren a boca ante determinadas emocións), historicamente estivo moi mal vista. Abrir a boca era un motivo de ofensa. Pero no século XVIII en Francia, a hixiene dental pasou a un primeiro plano e tras anos de esforzo e dedicación, o sorriso adquiriu o valor cultural que se lle atribúe agora.

 

Esta pequena publicación é só un resumo do ensaio "The french smile revolution", escrito por Colin Jones, profesor de Historia de Francia na Queen Mary University de Londrés. Gústanos verte sorrir e agora sabemos por que.

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica