CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

Nova web de Clínica Pardiñas

Aínda que a nova web xa leva un par de semanas funcionando, tras garantir o seu correcto funcionamento consideramos que é un bo momento de presentar as novas funcionalidades aos nosos pacientes:

  1. Novo deseño, máis actual e mellor adaptado ás novas plataformas dixitais.
  2. Maior contido visual: maior peso dos vídeos e das fotografías.
  3. Integración de vídeos en tres dimensións tanto dos tratamentos coma das instalacións da Clínica.
  4. Posibilidade de pedir cita online dende a portada da web.
  5. Reorganización e reescritura do contido, favorecendo a navegación.
  6. Un maior peso ás nosas redes sociais e ás opinións dos pacientes.

Estes son algúns dos cambios máis destacados, pero non son os únicos. Seguro que se se dan un paseo pola web descobren moitas máis sorpresas. Aproveitamos tamén para recordarlles que se teñen calquera problema durante a navegación, poden facérnolo chegar ao noso email: comunicacion@clinicapardinas.com

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica