CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

Estreamos canle de YouTube en galego

Tras o éxito cultivado pola nosa canle de YouTube en 9 idiomas como son o castelán, inglés, francés, portugués, italiano, alemán, ruso, hindi e chinés, desde Clínica Médico Dental Pardiñas decidimos involucrarnos na divulgación da lingua galega publicando os nosos vídeos en galego.

 Imágen da nosa canle de  YouTubeA nosa canle conta con máis de 25 millóns de reproducións e máis de 70 mil subscritores, o que nos sitúa en segundo lugar de entre todas as contas adicadas á saúde dental a escala mundial. Ter espectadores de todos os recunchos do mundo e en tan diversas linguas é un dos nosos máis grandes motivos de orgullo. Estas cifras fannos sentir tan respectados como queridos polo público que os visualizan, así como por tantos e tantos profesionais que nos seguen.

Todos os nosos vídeos foron traducidos e supervisados por filólogos en lingua galega, aportando incluso novos termos científicos en galego que non están recollidos na Real Academia Galega.

O noso obxectivo é que tanto a nosa páxina web como a nosa canle de YouTube sexan un medio de información para o paciente en temas de saúde bucodental.

 

Por iso, con esta acción confiamos en poder chegar a todos os galegofalantes de calquer parte do mundo, contribuíndo á expansión da cultura galega como o vimos facendo dende hai máis de 30 anos.

 
Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica