CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

Cari, enfermidade moderna

As bacterias causantes da placa dental evolucionaron á vez que a dieta cambiou

Os cazadores-colleiteiros do Mesolítico que vivían cunha dieta baseada en carne, sen gran (trigo, arroz etc) tiñan a boca moito máis saudable que a que temos hoxe en día, sen apenas carie ou enfermidades das enxivas asociadas a bacterias, segundo revelou un estudo xenético da placa dental antiga presente en ditas bocas.

O equipo internacional de investigadores, dirixido por un grupo no Australian Centre for Ancient DNA da Universidade de Adelaide, publicou os seus achados na revista Nature Genetics o pasado 18 de Febreiro.

Os investigadores extraeron o ADN da placa dental de 34 esqueletos humanos prehistóricos do norte de Europa, e rastrexaron os cambios na natureza das bacterias da boca dende os últimos cazadores-colleiteiros ata os agricultores do Neolítico, Idade Media e os individuos modernos.

"A placa dental é a única fonte doadamente accesible onde se conservan bacterias humanas", di o autor principal, a Dr.Christina Adler, profesora asociada do departamento de Odontoloxía da Universidade de Sydney.

Os investigadores atoparon que a composición das bacterias cambiou coa introdución da agricultura e de novo hai 150 anos durante a Revolución Industrial. A diferenza da dieta do cazador-colleiteiro e agricultor primitivo, a dieta moderna chea de carbohidratos refinados e azucres deunos bocas dominadas por bacterias que causan carie.

"O que atopamos foi que os primeiros grupos de cazadores-colleiteiros realmente tiñan unha presenza moito máis baixa de calquera das bacterias asociadas a enfermidades en comparación co que se ve hoxe en día, e que o número de especies por boca de cada persoa, ou a diversidade, era moito maior no pasado ", di Adler.

"Se tiñan máis diversidade significa que as bocas desas persoas eran máis resistentes, e probablemente menos propensos a desenvolver a enfermidade. "

A enfermidade das enxivas e a saúde do corazón

Non obstante, aínda que os investigadores observaron que as bacterias asociadas coas caries dentais, tales como S. mutans, convertéronse en dominantes na época da Revolución Industrial, a frecuencia das bacterias asociadas coas enfermidades periodontais, como pode ser a xenxivite, non cambiou moito dende que comezou a agricultura.

Isto pode ter implicacións no concepto de que a enfermidade das enxivas e as bacterias asociadas son un factor importante para o recente incremento de condicións tales como a enfermidade cardiovascular e as placas ateroscleróticas, di profesor Alan Cooper, co-autor e director do Australian Centrefor Ancient DNA. Suxeriuse que a presenza deste estado de inflamación permanente nas enxivas promove unha resposta inmune inflamatoria, que á súa vez conduce á enfermidade cardiovascular," di Cooper.

"A idea era que un recente aumento da bacteria P. Gingivalis (que causa a xenxivite), estaba asociada cos recentes aumentos na enfermidade cardiovascular, non obstante, puidemos demostrar que esta especie en particular foi bastante estable durante todo o período de agricultura. "

Os resultados serán sen dúbida unha boa noticia para os defensores da chamada "dieta paleolítica" - con alto contido de carne e baixa en grans.

 

Extraído de ABC Science

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica