Carillas de composite (láminas)

As carillas dentais son unhas láminas fabricadas en distintos materiais que nos permiten correxir pequenas anomalías nos dentes, tanto de forma como de tamaño e cor. Cubren parcialmente o dente que ten que ser previamente preparado minimamente.

Con elas podemos conseguir uns resultados estéticos excelentes logrando importantes cambios estéticos para o paciente.

Cada caso require un análisis previo onde se valora a liña de sorriso, posición do dente, beizos, enxivas e o conxunto de tecidos da cara en xeral. Tan importante ou máis que o dente é a enxiva. A enxiva é o marco onde o dente é o cadro.

Unha vez analizado procédese a realizar o tratamento personalizado para cada caso. Debemos lembrar que nunca hai 2 bocas iguais e que non todo vale para todos.