CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

Charlas de saúde bucodental en colexios da Coruña

Charlas de saúde bucodental en colexios da CoruñaA hixiene dental é fundamental dende os primeiros anos de vida. Os problemas bucodentais que se inician na nenez, por pequenos que sexan, poden acabar derivando en enfermidades graves para o adulto, se non se tratan no momento preciso da maneira adecuada.

Por esta razón, a Clínica Dental Pardiñas realizou unha campaña de saúde bucodental en varios colexios da Coruña. As hixienistas de Clínica Pardiñas, Cecilia e Laura, foron as encargadas de falar sobre saúde bucodental a máis de 200 nenos de entre 4 e 11 anos. Ademáis da charla, cada un dos nenos recibiu unha bolsa con material de hixiene e varios agasallos, como o libro “Pérez, la verdadera historia”. Neste conto os nenos poden descubrir como foi a infancia do Ratoncito Pérez e a razón pola que recolle os dentes de leite de todos os nenos do mundo.

Este mesmo relatorio foi aproveitado para convidar aos nenos a incorporarse ao Clube Ratoncito Pérez. Este club, cuxo acceso é completamente gratuíto, une a diversas clínicas dentais e nenos de España en favor do coidado dos dentes e a boca durante a infancia. Ademáis, os socios do clube entran no sorteo dunha viaxe con todos os gastos pagos a Disneyland París.

Polo momento, a campaña levouse aos colexios Rosalía de Castro e Calasancias, pero a nosa intención é facer chegar esta iniciativa ao maior número posible de colexios.

O equipo de Clínica Dental Pardiñas está a impartir charlas sobre saúde bucodental en diversos colexios da Coruña en colaboración co Clube Ratoncito Pérez

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica