Cirurxía estética das enxivas

En ocasións, hai pacientes cunha liña de sorriso ampla que detectan unha retracción da enxiva nun ou varios dentes e que lles afea a sonrisa. Hoxe en día para solucionar estes problemas hai técnicas de cirurxía mucoxinxival plenamente contrastadas cuns resultados moi aceptables.

Retracción antes del tratamientoÉ evidente, como sempre, que primeiro hai que facer un diagnóstico correcto do caso, analizar as causas e logo elexir a técnica adecuada para o seu caso particular.

Antes de nada hai que descartar que exista unha enfermidade periodontal de base (piorrea) e de habela, primeiro hay que tratarla. Unha vez analizado o caso e obtidas as conclusións oportunas, tomamos a decisión de mellorar a estética. Para iso existen diferentes técnicas e materiais que podemos utilizar en función da necesidade do caso. 

Algunha destas técnicas consiste en facer un inxerto subepitelial (neste caso tomamos un inxerto de tecido conxuntivo do paladar e trasladámolo á zona da recesión, e cubrímolo con enxiva desa zona); até facer un colgaxo de dobre papila (tomando a enxiva de ámbolos lados da recesión para unila no centro). Tamén podemos usar distintos materiais tanto de orixe animal e human como o coláxeno ou a matriz dérmica acelular; como de orixe artificial como as membranas de politetrafluoretileno que nos leva a unha rexeneración tisular guiada pola propia membrana.

No existe retracción tras el tratamiento

Podemos tamén alongar uns dentes curtos simplemente facendo unha xinxivectomía, és dicir, sacando parte da enxiva que pode estar recubrindo a coroa dos dentes.

É típico tamén que tras movementos de ortodoncia se poidan empezar a expoñer raíces dalgúns dentes, estas retraccións podémolas frear cun inxerto xinxival libre tamén obtido do paladar que trasladamos á base da recesión para crear nesa zona unha banda de enxiva forte coa función de evitar que siga a retracción. Nunha segunda fase podemos traer esa enxiva firme que agora xa temos hacia a coroa para tratar de cubrir a recesión.

Hai múltiples técnicas de microcirurxía que nos axudan a mellorar ese sorriso.

A solución ás enxivas que son demasiado longas, é dicir o chamado "sorriso xenxival", pode ser o alongamento de coroa do dente, que é o segundo procedemento periodontal estético máis común entre os pacientes menores de 50 anos, de acordo a unha enquisa levada a cabo entre numerosos periodoncistas. Co alongamento da coroa, o exceso das enxivas e o tecido óseo recontórnase para expoñer máis parte do dente natural. Isto pódese facer a un dente para igualar a liña das enxivas, ou varios dentes para expoñer un amplo sorriso natural.

 

Non debemos esquecer que a enxiva é o marco onde o diente é o cadro

Etiquetas:  ortodoncia  cirurxía  enfermidade periodontal