Actualidade

Clínica Pardiñas será a clínica dental de referencia do Deportivo

A Clínica Médico Dental Pardiñas será o centro de referencia do Deportivo da Coruña na tempada 2017-2018.A Clínica Médico Dental Pardiñas e o Deportivo da Coruña asinaron un acordo de colaboración para a presente tempada que a converte na clínica médico dental de referencia do clube galego. O acordo contempla as seguintes partidas:

  • En pretemporada a clínica patrocinou a xira do clube por Galicia, permitindo que os 8 primeiros partidos puidesen verse a través da súa canle oficial de Youtube. Esta iniciativa quedou recollida en redes sociais baixo o hastag #DeporXiraClínicaPardiñas.
  • Durante a presente tempada a Clínica Médico Dental Pardiñas convértese no centro odontolóxico de referencia para os xogadores e outros empregados do clube e as súas familias. A saúde dental é tamén fundamental para os deportistas de elite xa que está demostrada a estreita relación entre o rendemento deportivo e a saúde bucodental.
  • Nos descansos dos partidos de liga en Riazor emitiranse diferentes spots sobre a clínica e a súa labor.
  • Ao longo de tempada organizaranse na Clínica Pardiñas eventos con xogadores do Depor.
  • Por último, a Clínica contará cunha entrada dobre para todos os partidos de liga e copa que se xoguen en Riazor. Estas entradas sortearanse entre os pacientes da clínica e os nosos seguidores en redes sociais.

Á marxe deste convenio co clube, tamén seguimos colaborando con Riazor.org na entrega do Premio Fundación Clínica Pardiñas, co que se recoñecerá ao mellor xogador do RC Deportivo ao finalizar a tempada. Igualmente, todas as doazóns de 1€ ao labor social da Fundación Clínica Pardiñas realizadas durante a tempada, entrarán no sorteo de material asinado polos xogadores deportivistas que se entregará a final de tempada. Neste mesmo día contaremos coa presenza do xogador do Deportivo gañador do premio ao mellor do ano.

Por último, seguiremos mantendo a colaboración co S.D. Orzán, en especial co seu equipo feminino. Con esta vinculación co fútbol coruñés tratamos de dar difusión aos servizos e tratamentos de Clínica Pardiñas, buscando con iso mellorar a saúde bucodental dos galegos.

Florin Andone y Simón Pardiñas

Compártao

Na Clínica Pardiñas buscamos o mellor sorriso da Coruña

Na Clínica Pardiñas imos escoller e premiar os mellores sorrisos da Coruña. Aquí vos contamos cómo participar neste concurso.

Ler máis
boca seca causas

Boca seca ou xerostomía - Causas e tratamento

A boca seca, tamén chamada xerostomía, é o resultado dun fluxo inadecuado de saliva. Neste post falamos sobre as causas da secura de boca e o seu tratamento.

Ler máis

Moitas enfermidades comúns empezan na boca

Infartos, diabetes, artrites, demencia, cancro… e outras enfermidades comúns poden ter a súa orixe na boca. Aquí explicámosvos esta relación.

Ler máis
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía máis grande a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 80 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes, ademáis de información sobre procedementos, enfermidades e curiosidades dentais.

Logo Dentalk

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental