CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

O cóbado de tenista e o seu tratamento

O cóbado de tenista, ou epicondolitis, é unha inflamación dos tendóns que se inseren no cóbado. Neste post falamos dos seus síntomas e tratamento.A epicondilitis, máis coñecida como “cóbado de tenista”, é unha inflamación dos tendóns que se inseren no cóbado e causan dor no lado superior e externo do mesmo. Na nosa clínica médica da Coruña ofrecemos tratamento de fisioterapia para este problema.

O cóbado de tenista é unha lesión común en persoas que practican calquera deporte de raqueta, sendo o revés o golpe que habitualmente provoca estes síntomas. Tamén os cociñeiros, pintores ou calquera outra profesión que requira de mover repetitivamente a boneca ou a musculatura do antebrazo pode causar esta lesión, incluso o traballar habitualmente co teclado e o rato.

Os síntomas son unha dor intensa na cara externa do cóbado que adoita estenderse polo antebrazo cara á man. Aumenta ao facer presión sobre a zona afectada, cando o estiramos e ao suxeitar cousas pesadas.

Para aliviar os síntomas da epicondilitis recoméndase algo de repouso durante un par de semanas, evitando aqueles xestos que producen dor.

O tratamento de fisioterapia inclúe inicialmente diversas técnicas como masoterapia da zona, cyriax, electroterapia, ultrasonido, terapias manuais, punción seca, estiramentos analíticos, kineisotaping ou crioterapia. Máis adiante se continua con exercicios de fortalecemento e readaptación ao esforzo.

Se a epicondilitis é provocada pola realización dun mal movemento, é aconsellable que fale co seu adestrador para que lle guíe á hora de realizar o movemento correcto, e aconséllelle no uso de materiais adecuados. Se pola contra é provocado por movementos repetitivos, é importante que se asegure que conta con ferramentas de traballo ergonómicas e adaptadas ás súas necesidades.

Seguindo as recomendacións indicadas, este tipo de lesións teñen un bo prognóstico. Se vives na Coruña e padeces este problema, xa sabes que desde a Clínica Médico Dental Pardiñas podemos axudarche.

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica