CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

Curso de comunicación non verbal científica

Sonia O Hakim López impartirá o 9 de setembro un curso de Comunicación non verbal científica nas instalacións de Fundación Clínica Pardiñas.

As instalacións de Fundación Clínica Pardiñas acollerán o próximo 9 de setembro o curso "Comunicación non verbal científica", impartido pola docente Sonia O Hakim López. A formación falará sobre importancia deste tipo de comunicación dentro do sector da saúde e de como a comunicación non verbal inflúe nas relacións entre pacientes e as de médico-paciente.

O relatorio irá dirixida exclusivamente a profesionais sanitarios e compoñerase dos seguintes bloques temáticos:

  • Da emoción á expresión.
  • Indicadores do grao de apertura/peche comunicación.
  • Detección do estado de ánimo.
  • Como crear rapport co paciente.
  • Háptica, o poder do tacto nas interaccións médico/paciente.

Sonia O Hakim López será a encargada de dirixir o curso. Licenciada en Administración e Dirección de Empresas e Máster en Comunicación Non Verbal Científica, estivo case 20 anos dirixindo PEMES. Recentemente aparcou o mundo da dirección de empresas para centrarse plenamente no coaching persoal e profesional, con especial atención ao campo da comunicación non verbal. Na súa páxina web podedes atopar máis información sobre a docente.

Tras o éxito do curso de Implantología e Periodoncia, Fundación Clínica Pardiñas quere seguir apostando pola formación como un dos nosos alicerces básico, considerando a aprendizaxe é a ferramenta ideal para ofrecer o mellor servizo aos nosos pacientes.

O curso terase lugar o venres 9 de setembro en horario de 16:00 a 20:00h na sede da Fundación, primeira planta da rúa Real 66. O prezo é de 45 euros e as prazas son limitadas, polo que convidamos a todos os interesados a inscribirse canto antes escribindo a info@fundacionclinicapardinas.org ou chamando ao 881 129 939.

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica