ISO 9001

A Clínica Dental Pardiñas é a primeira clínica dental de Galicia en obter a ISO 9001 e a terceira de España en obter o certificado de AENOR.

 

Unha auditoría independente confirma que a Clínica Dental Pardiñas é a primera en Galicia que cumpre os máis altos estándares de calidade.

Certificado AENOR

Certificado Internacional IQNet

Certificado AENOR
Certificado internacional de calidad IQNet

 

O proceso, comezado en 2002 e que concluíu en 2003, representa un respaldo internacional de primeira líña ao noso proceso asistencial e, ó mesmo tempo, ratifica los obxectivos elixidos pola Clínica desde as súas orixes: compromiso coa calidade, satisfacción do cliente e mellora continua. A Clínica Dental Pardiñas é agora un referente para todas as clínicas e pacientes que busquen a calidade en Galicia.

Para obter o nivel de certificación ISO 9001:2008, a Clínica Dental Pardiñas tivo que satisfacer os estándares de calidade máis elevados. Trabajando con microscopio quirúrgicoOs requisitos inclúen un maior fincapé en conseguir e medir a satisfacción dos clientes, a adhesión rigurosa a un modelo de proceso estreitamente ligado ás prácticas da Clínica e un proceso para continuar mellorando, tal como esixe o sistema de xestión de calidade da Clínica. É, en definitiva, buscar constantemente a satisfacción do paciente a través das prácticas dentais máis rigurosas.

As auditorías independentes levadas a cabo nas instalacións da Clínica Dental Pardiñas confirman que todos os requisitos dos estándares cumpríronse a través dos diversos sistemas e procedementos. A auditoría do equipo de AENOR identificou especialmente o seguimento realizado sobre o servizo prestado ao paciente ao longo de todo o proceso sanitario, dende citación, revisións, etc.

"A certificación ISO 9001:2008 demostra que o compromiso da Clínica Pardiñas coa calidade e cos nosos pacientes trascende a todos os aspectos da Clínica," afirma o Dr. José Pardiñas. "Ofrece unha validación independente dos rigorosos procesos que puxemos en marcha para aumentar a satisfacción dos nosos pacientes e situalos como o máis importante."

Acerca da ISO:
A obtención do certificado supon o recoñecemento dunhas pautas de traballo correctas e un compromiso continuo de mellora. A Certificación de Calidade consta dun certificado de empresa rexistrada por AENOR (n° ER 1672/2003), de data 2003-10-24 e do certificado IQNET que facilita a aceptación internacional do citado recoñecemento.

ISO, International Organization for Standardization, establecida dende 1947, é unha federación mundial que reúne organismos de normalización de máis de 140 países. O seu traballo ten como resultado acordos internacionais que se publican como estándares internacionais. A familia de estándares ISO representa un consenso internacional en boas prácticas de xestión da calidade co obxetivo de asegurar que as organizacións ofrezan produtos ou servizos que cumpran os requisitos de calidade vitais para os clientes.