CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

Disfunción temporomandibular e bruxismo - Vídeo 3D

Vídeo 3D sobre a  disfunción temporomandibular, un problema na articulación que une a mandíbula co cranio e que pode ser unha consecuencia directa do bruxismo.Neste vídeo 3d falamos sobre a disfunción temporomandibular, un problema na articulación que une a mandíbula co cranio, e permítenos falar e masticar. Esta disfunción pode acabar xerando dor na mandíbula, na cabeza, no pescozo, limitacións na apertura da boca ou chasquidos ao mover a mandíbula.

Os problemas nesta articulación poden ser xerados por anomalías congénitas dos cóndilos, debido a unha mala forma de morder ou polo bruxismo. O bruxismo é o hábito de apertar ou rechinar os dentes, xeralmente durante as horas de soño. Adoita ser provocado por situacións de ansiedade aínda que tamén pode ter causas xenéticas. A curto prazo o bruxismo pode xerar desgaste e sensibilidade nos dentes, dor muscular e articular. A longo prazo este desgaste dentario pode acabar provocando fracturas ou unha diminución considerable do tamaño dos dentes.

Para identificar problemas de oclusión utilízanse papeis de articular e tómanse uns moldes da boca para poder estudar o caso, para a continuación planificar o tratamento adecuado. Unha das posibles solucións ao bruxismo é a elaboración de férulas de descarga, que se colocan no maxilar e protexen aos dentes e a articulación temporomandibular.

 

Na nosa canle de Youtube poderá encontrar máis vídeos deste tipo, así que o animamos a subscribirse se lle gusta o contido.

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica