Disfunción Témporomandibular

Consellos no manexo da disfunción témporomandibular

A intención desta información é a de ofrecerlle unha serie de consellos xerais que nos axudarán no tratamento da súa patoloxía. Léao atentamente, pois a melloría da súa sintomatoloxía depende en gran parte da súa colaboración.

É moi importante favorecer o repouso, tanto da articulación témporomandibular, coma das estruturas asociadas (músculos, columna cervical, etc.) e do organismo en xeral.

A. Repouso Local

  1. Evite abrir moito a boca: non morda nin parta os alimentos cos dentes (bocadillos, mazás...). Debe partir os alimentos en trozos pequenos.
    Controle o bocexo coa man ou ben baixando o queixo ao peito; evite citas longas co dentista, as exploracións faringolaringolóxicas, intubacións para anestesia... e en xeral todas as maniobras que requiran ter a boca aberta moito tempo de maneira forzada.
  2. Non aprete nin rinche os dentes. Relaxe a súa mandíbula, mantendo os beizos xuntos e os dentes separados.
  3. Intente, no posible, falar pouco.
  4. Elimine hábitos como morderse as uñas, mordisquearse o beizo ou a meixela, morder bolígrafos ou outros obxectos...
  5. Non coma chicles, caramelos masticables, froitos secos, verduras crúas nin calquera alimento que precise unha masticación prolongada.
  6. Leve unha dieta semibranda: pasta, verdura cocida, ovos, sopas e cremas...
  7. Utilización do frío e do calor:
    • Frío en lesións recentes e agudizacións de lesións previas
    • Calor húmido (panos temperados) en lesións crónicas.

B. Repouso Xeral

  1. Adopte unha postura correcta durante o día: espalda ergueita, ombreiros cara atrás.
  2. Evite suxeitar o teléfono co ombreiro ou utilice os dispositivos adecuados para iso.
  3. É aconsellable realizar algún exercicio físico suave que manteña o tono muscular xeral. O ideal é a natación, sobre todo os estilos de costas e braza. Non son en cambio aconsellables as disciplinas deportivas bruscas que sobrecarguen as costas, como o aerobic, etc. É aconsellable que o exercicio físico conclúa 4 ou 6 horas antes de dormir.
  4. Mellore a cantidade e calidade do sono
    • Non tome café, refrescos de cola ou alcol antes de ir durmir. Aínda que o alcol poida inducir ao sono ao comezo da noite, tende a fragmentalo durante a segunda metade da noite.
    • Interrompa o consumo de tabaco. Se esto lle resulta demasiado difícil, intente polo menos non fumar a partir das 7h da tarde. 
    • Non coma ou beba grandes cantidades durante as 3 horas previas a deitarse. Nembargantes, a inxesta dunha pequena cantidade de comida á hora de deitarse pode ser útil.
    • Manteña o seu dormitorio escuro, tranquilo, ben ventilado, e cunha temperatura ambiental confortable ao longo da noite.
    • Evite, na medida do posible, lugares para durmir que sexan pouco familiares.
    • O colchón non debe ser nin demasiado brando nin demasiado duro. A almofada debe tener a altura e contextura correcta.
    • Evite durmir a sesta sempre que teña dificultades para conciliar o manter o sono.
    • Non se deite na cama máis tempo do estrictamente necesario para durmir. Lembre que un exceso de tempo en cama pode disminuir a calidade de sono en noites sucesivas.
    • Estableza un ritual para deitarse. Ler antes de apagar a luz pode ser útil, a condición de que a lectura sexa lixeira e non estea relacionada co traballo.
    • A inxesta de hipnóticos non é problema, sempre que sexa ocasional.
    • Pode ser vantaxoso tomar un baño de auga quente de 30 minutos unhas dúas horas antes de deitarse, de tal maneira que a súa temperatura corporal se eleve en aproximadamente 2 grados centígrados. Tamén unha bebida quente pode axudarlle a relaxarse xa que contribúe a aumentar lixeiramente a temperatura corporal.
    • Se pola noite ten preocupacións, escriba nun papel a lista de problemas, así como unha frase contenndo as primeras medidas a tomar durante o día seguinte.
    • Se se esperta pola noche, non mire a hora nin fume co fin de relaxarse.
    • Se non consegue durmir, non insista. No seu lugar, concéntrese en pensamentos relaxantes e pracenteiros.
    • Levántese da cama todos los días da semana á mesma hora.