CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

Displasia Cleidocraneal, a enfermidade de Dustin de Stranger Things

A displasia cleidocraneal é unha enfermidade hereditaria que afecta o desenvolvemento dos dentes e ósos. Descobre máis sobre a enfermidade de Dustin, un dos protagonistas de Stranger Things.Estamos seguros de que máis dun de vós seguiriades de preto os capítulos de Stranger Things, unha popular serie na que se contan os misteriosos sucesos que ocorren nun pequeno pobo de Estados Unidos. Dustin é un dos nenos protagonistas da serie, e é sen dúbida un dos personaxes máis queridos polos espectadores polo seu carisma, senso do humor… e pola súa forma de convivir cunha estrana enfermidade.

¿Qué enfermidade padece Dustin, de Stranger Things?

E é que Gaten  Matarazzo, o actor que interpreta a Dustin, padece unha rara enfermidade na realidade que os guionistas trasladaron tamén ao seu personaxe. O intérprete sofre unha  displasia  cleidocraneal ou  distosis  cleidocraneal, un trastorno xenético que afecta ao desenvolvemento normal dos ósos do cranio e dentes. Este trastorno hérdase como un trazo autosómico dominante, polo cal con que un dos pais teña este xene anormal, o descendente tamén o herdará.  Os dentes de leite dos afectados tardan en caerse máis do habitual e os primarios poden desenvolverse moito máis tarde do normal, crecendo moitas veces cara adentro. Isto provocará que os dentes definitivos crezan en posicións anormais.

Aínda que non hai un tratamento específico para combater esta enfermidade, o que si que se recomenda é un seguimento continuo do paciente, podendo paliar así as súas posibles consecuencias. Por todo iso, aínda con máis razón, a estes pacientes recoméndaselles visitar con frecuencia ao seu dentista.

Aínda que na maioría dos castings  Gaten  Matarazzo foi rexeitado por este problema, o actor confesou en numerosas entrevistas que el nunca o deixou de tentar, e o seu éxito na serie de Stranger Things é unha boa mostra diso. De feito, Dustin é agora unha referencia para moitos nenos con ese ou outros problemas similares. E é que se queres, podes, aínda que o teu sorriso non sexa como o dos demais. 

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica