CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

O Dr. Germán Sebastián temina un posgrao de Endodoncia

O Dr. Germán Sebastián Sánchez, especialista en estética e prótese, recibiu unha formación de Endodoncia Clínica e Microscópica en Bilbao.O Doutor Germán Sebastián Sánchez, especialista en estética e prótese dental de Clínica Pardiñas, finalizou o posgrao de especialización en Endodoncia Clínica e Microscópica de Bilbao.

Este máster, de 9 meses de duración, é impartido polo prestixioso Dr. Borja Zabalegui no Centro de Odontoloxía Microscópica (COMI) de Bilbao. Ao termo desta formación o Dr. Germán Sebastián obtén o título de Experto en Endodoncia Clínica e Microscópica e os coñecementos pertinentes para levalo á práctica entre os pacientes da nosa clínica.

Unha mostra máis de que en Clínica Dental Pardiñas apostamos pola formación continua dos nosos profesionais, buscando ofrecer sempre o mellor servizo posible aos nosos pacientes.

Se están interesados na materia poden atopar máis información sobre este posgrao de Endodoncia clínica e microscópica, sobre outros cursos do Centro de Odontoloxía Microscópica ou sobre o persoal docente desta institución, na súa páxina web.

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica