CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

O Dr. Pardiñas, relator no Meeting BTI Madrid

O Dr. Simón Pardiñas López asistiu como relator á xornada “Expertos Madrid 17” organizada polo Biotechnology Institute.O Dr. Simón Pardiñas López asistiu como relator ao encontro de expertos en odontoloxía que organizou o Biotechnology Institute en Madrid. A xornada “Expertos Madrid 17” celebrouse nas instalacións do Colexio de Odontólogos o pasado 20 de maio. Alí asistiron máis de 200 profesionais provenientes de todas partes de España quen gozou dos relatorios de 11 expertos en materias de implantología, próteses e cirurxía oral.

Como dicimos, entre os relatores estivo o Dr. Pardiñas López, quen foi o encargado de pechar a quenda de conferencias da mañá coa súa charla sobre consideracións estéticas no sector anterior. Neste relatorio o doutor falou sobre os aspectos estéticos, biolóxicos e mecánicos que hai que ter en conta á hora de realizar restauracións de dentes con implantes.

O encontro non só serviu para escoitar relatorios de moito interese, senón que foi unha gran oportunidade para coñecer a profesionais da odontoloxía expertos en diversas materias. En palabras de BTI, o encontro tivo como propósito proporcionar un foro onde expertos en implantoloxía oral, medicina rexenerativa, técnicas de laboratorio e apnea do soño, compartisen a súa experiencia sobre as mellores prácticas e intercambiasen ideas cos asistentes

Para nosa clínica é un verdadeiro orgullo que o Dr. Simón Pardiñas fose elixido como relator nun evento de tal envergadura. A nosa máxima sempre é ofrecer a mellor atención ao paciente, e a formación é sen dúbida una das grandes ferramentas para conseguir este obxectivo. Desde aquí damos as grazas a todo o equipo do Biotechonolgy Institute por organizar un encontro tan enriquecedor.

O Dr. Pardiñas, relator no Meeting BTI Madrid

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica