CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

O Dr. Pardiñas López, relator na Universidade de Nova Iorque

O Dr. Simón Pardiñas impartiu unha conferencia na Facultade de Odontoloxía da Universidade de Nova Iorque con motivo do 15º Simposio Anual de Implantoloxía.O pasado 4 de novembro celebrouse o 15º Simposio Anual de Antigos Alumnos de Implantología na Facultade de Odontoloxía da Universidade de Nova Iorque. Entre todos os actos programados para este evento, o Dr. Simón Pardiñas López realizou un relatorio baixo o título “Cal é o mellor enxerto para o aumento óseo?; Son efectivos os factores de crecemento?”. A charla versou sobre os mellores procedementos e materiais para o aumento óseo e sobre a importancia do uso dos factores de crecemento para mellorar os procesos de rexeneración.

Ademais da presentación do Dr. Pardiñas, no evento houbo espazo para outros oito relatores de renome internacional que falaron sobre diversos temas de interese dentro do ámbito da odontoloxía. Ao simposio asistiron máis de 100 persoas de todas as partes do mundo que aproveitaron para intercambiar ideas e compartir as últimas noticias sobre as súas carreiras profesionais.

Dende aquí, non queremos desaproveitar a oportunidade de dar as grazas a todos os membros da organización que fixeron posible este fantástico evento: o Dr. Sang-Choon Cho, director do departamento de Implantoloxía; o Dr. Peter Loomer, Presidente do Departamento de Periodoncia e Implantoloxía; o Dr. Michael Bral, director do Programa Avanzado Internacional de Periodoncia e a Dolores Spinelli e Kim Misevis, directoras da oficina de Programas Internacionais.

Unha vez máis, en Clínica Dental Pardiñas deixamos clara nosa aposta decidida pola formación dos nosos profesionais aos que lles damos todas as ferramentas necesarias para que poidan mellorar os seus coñecementos e o seu desempeño profesional.

15º Simposio Anual de Antigos Alumnos de Implantología na Facultade de Odontoloxía da Universidade de Nova Iorque

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica