CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

A doutora Irene Méndez incorpórase ao equipo de Clínica Pardiñas

A doutora Irene Méndez Manjón entrou a formar parte do equipo de Clínica Dental Pardiñas, onde desempeñará os labores de Cirurxía Oral e Implantoprótesis.A Dra. Irene Méndez Manjón incorpórase ao equipo de doutores da Clínica Médico Dental Pardiñas, onde desempeñará os labores de Cirurxía Oral e  Implantoprótesis xunto ao Dr. Simón Pardiñas López. O seu extenso currículo académico e experiencia aválalle como novo membro do equipo médico da clínica.

Tras licenciarse en Odontoloxía con premio extraordinario fin de carreira pola Universidade de Santiago de Compostela (2011), a doutora Méndez continuou a súa formación realizando unha Residencia Clínica en Implantoloxía Oral na Universidade de Cataluña (2011-2012), seguida de senllos másteres na mesma universidade, un en Investigación Clínica e de Biomateriais en Odontoloxía (2012-2013) e o outro en Cirurxía Oral (2013-2016). Como broche á súa extensa formación, doutorouse en Odontoloxía con mención “ Cum Laude” (2017) na mencionada universidade.

Ademais desta excelente bagaxe académica, a doutora Méndez Manjón participou en diversas publicacións científicas sobre a materia, asistindo tamén a unha vintena de congresos de odontoloxía nacionais e internacionais.

Dende aquí só quédanos desexarlle todo o éxito do mundo nesta nova andaina, confiando en que o seu bo facer profesional mellore a saúde bucal dos nosos pacientes.  Benvida!

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica