CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

A Dra. Sonia Liste incorpórase ao equipo de Clínica Pardiñas

A Dra. Sonia Liste Grela únese ao equipo do Centro Médico Dental Pardiñas onde se encargará das especialidades de próteses e estética dental.A doutora Sonia Liste Grela, licenciada en odontoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (2008), incorporouse ao equipo de doutores da Clínica Médico Dental Pardiñas colaborando nas especialidades de próteses e estética dental xunto coa Dra. López Prieto e o Dr. Davila.

Ademais da xa mencionada licenciatura en odontoloxía, a dra. Liste ten unha extensa e completa formación na materia, o que permite ofrecer un servizo á altura dos estándares de calidade da nosa clínica. No seu currículo destaca:

  • Diploma de Estudos Avanzados en Investigación odontológica DEA e presentación da tesina doutoral en USC Santiago de Compostela (2008-10).
  • Diploma de Curso de especialización Odontoloxía Estética pola Universidade Complutense de Madrid (2015-16).
  • Asistiu a máis de 60 cursos e xornadas relacionadas coa odontoloxía.
  • 8 anos de experiencia laboral ininterrompida en clínicas dentais.

Polo seu extenso currículo formativo e laboral, estamos seguros de que a doutora Sonia Liste vai ofrecer aos nosos pacientes a mellor atención posible en materia de estética dental e prótese. Desde aquí só quédanos desexarlle moitos éxitos nesta nova aventura profesional.

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica