A enfermidade periodontal. ¿Qué é?

Estado normal y saludableCon este nome xenérico desígnase a unha serie de enfermidades que afectan ao aparato de soporte dos dentes e moas.

A máis frecuente deste grupo é a chamada enfermidade periodontal crónica do adulto, vulgarmente coñecida como "piorrea", que provoca a maioría de perda de pezas dentarias nesta etapa da vida se non se trata adecuadamente e en estadíos precoces.

Moitas persoas desdentadas total ou parcialmente sono a causa desta enfermidade que se caracteriza por unha destrucción progresiva dos tecidos que rodean as raíces dos dentes, é dicir, o ligamento periodontal e o óso dos maxilares onde están introducidas as raíces dentarias. Chega un momento no que a perda de óso ao redor das raíces é tal que os dentes comezan a moverse e ao ir quedándo sen os cimentos acaban por caer, moitas veces sen dor algún.

Periodontitis tempranaAo ser un proceso que cursa sen dor (excepto que se complique cun absceso agudo) o diagnóstico moitas veces faise nunha exploración rutinaria. Os signos que a acompañan adoitan ser sangrado de encías, mal sabor de boca e mal alento (halitosis). En moitas ocasións o sangrado pode estar enmascarado en fumadores pois o tabaco disminúe a vascularización das encías agravando todavía máis o proceso. Por un lado prívanos dun signo clave como é o sangrado e por outro, ao haber menos irrigación fai que os mecanismos de defensa corporais non actúen adecuadamente co cal o proceso tende a avanzar máis rápidamente.

¿Cál é a causa da enfermidade periodontal (periodontite)?

Está provocada por unhas bacterias que acúmulanse no sarro e na placa dental, a cual pégase ao redor dos dentes e que se non eliminamos, introdúcense entre o dente e a enxiva. Estas bacterias crean toxinas que danan e desenrolan un proceso inflamatorio infeccioso, que implica aa destrucción dos tecidos que sosteñen aos dentes.Ten que haber ademáis un factor predispoñente individual(xenético) que é clave, e é o que nos explica que pacientes con moi pouco sarro poidan desenrolar unha enfermidade periodontal agresiva, e viceversa, pacientes con moito sarro apenas teñan perdas óseas nos maxilares.

Gingivitis

Certas condicións son perxudiciais para a evolución da periodontitis, como:

  • Xenética (hai persoas especialmente susceptibles a sufrir periodontitis)
  • Fumar tabaco
  • Estrés
  • Embarazo, pubertade e menopausia
  • Fármacos (contraceptivos orais, antidepresivos, e certas medicacions cardíacas poden favorecer o desenrolo)
  • Renxer ou apretar fortemente os dentes
  • Diabetes
  • Mala nutrición
  • Outras enfermidades sistémicas

¿Cales son os síntomas e signos da enfermidade periodontal (periodontite)?

Poden ser todos ou algúns dos seguintes:

  • Enxivas sangrantes cando cepillas os dentes, ou as veces de maneira espontánea
  • Enroxecemento das enxivas.
  • Enxivas separadas do dente
  • Aparición de abcesos, con supuración entre os dentes e as enxivas
  • Mal alento que non desaparece (halitose)
  • Dentes frouxos (movilidade)
  • Sensación de dentes máis longos e ocos entre eles
  • Aumento da sensación dentaria ao frío

¿Como podo previr a enfermidade periodontal?

É fundamental a prevención e poder detectar a aquelas persoas que sexan susceptibles para poder instaurar os tratamentos oportunos en estadíos iniciales.

  • Cepille os seus dentes ben, como mínimo, dúas veces ao día. Esto fará que a película de bacterias se elimine. Debe usar un cepillo en bo estado e pastas con flúor.
  • Utilice seda dental ou un cepillo interproximal, para eliminar as bacterias de entre os dentes, e onde os cepillos non chegan.
  • Coma unha dieta equilibrada. Elixa unha variedade de comidas dos grupos básicos de alimentos, como cereais, froitas, vexetais, carne, peixe, e productos lácteos, como leite, queixo ou iogur. Limite as comidas entre horas.
  • Visite regularmente ao seu dentista. É importante ter chequeos de forma regular, e limpezas profesionais.