Actualidade

Erros frecuentes que cometemos ao cepillar os dentes

Recentemente neste mesmo blog explicámosvos como cepillar os dentes correctamente. Hoxe imos un paso máis alá e ímonos centrar nos erros habituais. E é que o cepillado correcto require de certa técnica:

  • Non che cepillas o tempo suficiente: o cepillado correcto necesita o seu tempo. A maioría dos dentistas recomendan 2 ou 3 minutos, cronometrados.
  • Non mirar o que estás a facer: ponte fronte ao espello e céntrate no proceso. E cando remates revisa os teus dentes para asegurarte de que non quedaron restos.
  • Descoidas a técnica: os dentes non se limpan de calquera forma. O xeito correcto pasa por facelo movementos circulares e zona a zona. Non esteas en todos os sitios á vez, empeza por unha sección e vai desprazándote polo resto, pouco a pouco.
  • Cepíllasche moi forte: se fas moita forza no proceso de xeito continuado podes chegar a danar o esmalte e as enxivas.
  • Non utilizas o cepillo correcto: evita os de febras duras ou moi duras. Utiliza cepillos brandos ou eléctricos, se estes che axudan mellorar a túa técnica e a controlar o tempo. Nalgúns casos o dentista poderíache recomendar algúns modelos en concreto.
  • Non utilizas o dentífrico correcto: hai pastas de dentes que son máis eficaces contra as manchas pero poden chegar a danar o esmalte. Hai que encontrar a que sexa adecuada á túa dentadura.
  • Non te pasas o fío dental: o fío chega ao espazo interdental, onde non chega o cepillo. Precisamente a zona onde se forman as caries xa que a sucidade se acumula e as bacterias quedan alí alimentándose.
  • Non te enxaugaches despois: enxaugarse con colutorio é unha forma eliminar o resto de bacterias que poidan quedar esparexidas pola boca. Se non tes colutorio, ata se enxaugar con auga é unha boa opción.

 

Se evitas este tipo de erros e, ademais, visitas o dentista con certa regularidade a túa hixiene dental estará baixo control.


Vía Huffingtonpost (en inglés)

Compártao

Moitas enfermidades comúns empezan na boca

Infartos, diabetes, artrites, demencia, cancro… e outras enfermidades comúns poden ter a súa orixe na boca. Aquí explicámosvos esta relación.

Ler máis

Remedios caseiros para dez problemas bucais frecuentes

Estes remedios caseiros poden axudar a facer máis levadíos os síntomas dalgúns dos problemas bucais máis frecuentes. Toma nota!

Ler máis

As consecuencias do consumo de drogas na saúde oral

As drogas son prexudiciais para a saúde xeral, pero poden afectar especialmente á boca. Estas son as principais consecuencias das drogas na saúde oral.

Ler máis
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía máis grande a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 80 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes, ademáis de información sobre procedementos, enfermidades e curiosidades dentais.

Logo Dentalk

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental