CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

Escáner intraoral en Clínica Pardiñas

Escáner IntraoralAta agora cando un paciente ía ao dentista a realizarse un tratamento de ortodoncia, unha prótese, implantes, entre outros moitos,  tanto o laboratorio coma o especialista necesitaban unha toma de impresións realizada con diferentes materiais para fabricar os moldes. Este proceso é moi incómodo para o doente xa que o material pode dar arcadas y mal sabor de boca. 

Ademáis, non sempre sae ben e téñense que repetir en moitas ocasións estas  impresións xa que este material non asegura resultados de perfecta precisión. É por iso que Clínica Pardiñas no seu compromiso de innovar e darlles os seus doentes a mellor experiencia, introduciu unha nova forma de toma de impresión sen ningún tipo de material que realiza este traballo de forma dixital e ao instante. Trátase dunha forma máis precisa, eficiente e de alta calidade que evita a necesidade de citas adicionais e o desagradable sabor para o tratamento con resultados clínicos de alta calidade.

 

Este escáner, chamado TRIOS® permite ao dentista crear unha impresión dixital 3D final baseada en datos reais no momento no que se realiza a impresión. Ademais, tanto o especialista coma o doente poden ver o resultado a través do iPad, ou noutras pantallas en directo.

Con este novo aparello, Clínica Dental Pardiñas aumentará a comodidade dos seus clientes evitando falsos resultados por alteración do material e permitindo aos especialistas e laboratorios realizar o seu traballo da forma máis rápida para asegurar a satisfacción do seus doentes.

              

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica