CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

O Dr. Simón Pardiñas López volve da súa estancia académica en Nova Iorque

Vista del Empire State Building en la ciudad de Nueva YorkO Dr. Pardiñas López termina a súa estancia como Visiting Scholar no departamento de investigación Bluestone da New York University. Durante este últimos catro meses non só estivo involucrado como coordinador e colaborador de varios estudos clínicos, senón que esta estancia permitiulle avanzar nos seus estudos de Tese Doutoral que actualmente realiza na Universidade da Coruña.

Neste tempo traballou co Dr. Ismael Khouly, investigador principal dos proxectos e Director Asociado de Bluestone Center for Clinical Research, e colaborou cos departamentos de Implantoloxía da  NYU xunto co Dr.  Takanori Suzuki e de Cirurxía Oral co Dr.  Huzefa Talib.

 

O Dr. Simón Pardiñas López xunto ao Dr. Takanori SuzukiO Dr. Simón Pardiñas López xunto ao Dr. Ismael KhoulyEsta estancia serviulle ao Dr. Pardiñas López para aprender novas metodoloxías de investigación, coordinación de proxectos e desenvolvemento de ensaios clínicos con pacientes.

Desde a Clínica Médico Dental Pardiñas queremos agradecer a todo o equipo de Bluestone e da NYU a marabillosa acollida e trato recibido, que fixo da súa estancia un verdadeiro valor engadido tanto á carreira profesional como á formación persoal do Dr. Simón Pardiñas.

 
 
 
Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica