Estudo dental

Información e estudo dental

Clínica Médico Dental Pardiñas creou esta sección dentro da propia Clínica para facilitar información de primeira man sen custo algún para vostede sobre implantes dentais, periodoncia, ortodoncia, estética dental y prótesis.

Só terá que chamar ao teléfono 881-92.72.01 para concertar unha cita e será informado detalladamente pola nosa responsable de atención ao paciente, a Srta. Isabel Fontanes Mourelle, sobre as posibilidades restauradoras da súa boca así como dos custos do tratamento e das probas complementarias necesarias para o diagnóstico.

¿O estudo de implantes, periodoncia, ortodoncia, estética dental e próteses é gratis?

Non. Facer un estudo é facer un diagnóstico para enfocar despois o tratamento oportuno coas mellores garantías de éxito. Un estudo implica, ademais da exploración clínica, unha serie de probas complementarias como son radiografías panorámicas, escáner en 3d, modelos de estudo, férulas, encerados, fotografías etc. É evidente que todo isto ten uns custos que debe asumir o paciente. Facer un diagnóstico nunca pode ser gratuíto posto que é a parte máis importante de calquera acto médico.

Entón, ¿Cal é a información sen custo?

Ao paciente asesóraselle persoalmente sen ningún tipo de compromiso e explícaselle en que consisten os tratamentos, queétipos de implantes existen, cómo son as distintas fases, canto tempo leva o tratamento, cómo é o post-operatorio, cales son os distintos tipos de próteses, cómo funciona un branqueamento dental etc. E por suposto, os custos orientativos do tratamento e dos estudos previos.

Todo isto, dunha manera didáctica, "tocando" e "vendo" todos os compoñentes. En definitiva, resólvenselle ao paciente todas as posibles dúbidas que poida ter.