CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

A importancia dos dentes na evolución da especie humana

Craneo AtapuercaA Sima dos Ósos, na Serra de Atapuerca (Burgos), segue sendo o principal depósito paleontolóxico na actualidade. Recentemente, este lugar volveu ser noticia porque se encontraron nel 17 cranios e preto de 6500 fósiles con máis de 430 mil anos de antigüidade.

Os homes que habitaron nesa zona fixérono durante o comezo da evolución neandertal, sendo esta raza a predecesora ao Homo sapiens, a especie humana actual. A análise exhaustiva dos restos encontrados determinou que os primeiros cambios evolutivos desta especie se produciron nos dentes, na mandíbula e na cara, mentres que a forma do cranio tardo máis tempo en cambiar. Todas estas modificacións estaban ligadas a favorecer o proceso de mastigar. Un exemplo máis da importancia dos dentes na evolución do ser humano.

 

Esta noticia foi extraida da súa publicación orixinal na revista Science (en inglés).

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica