Falsas expectativas nos tratamentos dentais

Puesta de sol en A Coruña

Cando falamos de resolución de problemas complexos orais, é moi importante coñecer cales son as perspectivas do paciente, que é o que el espera conseguir cos nosos tratamentos. Os profesionais temos que ser capaces de prever onde podemos chegar nesa boca en concreto e transmitirllo ao paciente, para iso debemos ter os suficientes datos (análise oclusal, modelos de estudo, radiografías, fotografías...)

Unha vez estudado o caso, se os nosos obxectivos non coinciden cos do paciente temos que saber dicir "non", sobre todo cando o que nos propoñen está fóra da realidade. Case sempre hai unha solución pero non sempre é a ideal.

As falsas expectativas son sempre o peor inimigo en calquer relación. É evidente que se unha boca atópase nun estado de enfermidade periodontal moi avanzada, por moito que construamos encima deses dentes vai resultar un fracaso a medio plazo, posto que acabarán fallando os cimentos.

Islas Cíes

Se unha persoa está desdentada con grandes reabsorcións óseas maxilares, ainda a pesar dos enxertos, non podemos crear un volume ideal para que os dentes fixos sobre implantes dentais emerxan do lugar adecuado. Neste caso é máis oportuno facer unha sobredentadura retida por implantes que unha prótese totalmente fixa xa que gañaremos en estética.


Se falamos de ortodoncia tamén cada caso é un mundo, e en moitas situacións non se pode conseguir unha boca "10". Hai moitas variables que hai que ter en conta, e para iso serven los estudos previos, para facer un diagnóstico correcto. Non é o mesmo un problema de apiñamento dentario que un problema de discrepancias óseas entre os dous maxilares. Haberá casos nos que para conseguir una boa oclusión será necesaria unha cirurxía ortognática combinada coa ortodoncia.

Mesmo para facer un branqueamento dental é fundamental o diagnóstico para explicarlle ao paciente o seu caso particular. Non é o mesmo unha tinción severa por tetraciclinas que o efecto do cambio de cor polo envellecemento da dentina.