CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

O Dr. Pardiñas López recibe o Fellowship por parte do International Congress of Oral Implantologists (ICOI)

O Dr. Pardiñas López recibe o Fellowship por parte do International Congress of Oral Implantologists (ICOI). Ésta mención recoñece internacionalmente o compromiso coa formación continuada no campo da implantoloxía.

A comisión de credenciais do ICOI acreditou máis de 8200 Fellows,Masters e Diplomados mundialmente. Expertos da implantoloxía recoñecidos mundialmente avalían ditos credenciais. O membros acreditados son recoñecidos polos seus compañeiros e por pacientes. Son líderes locais e embaixadores internacionais que aceptaron un compromiso a longo prazo coa aprendizaxe.

O International Congress of Oral Implantologists (ICOI) foi fundada en 1972. Dedicada a proporcionar educación no campo da implantoloxía a todo o equipo dental para atender mellor aos seus pacientes, o ICOI non só é a maior organización de implantes dentais no mundo, senón que tamén é o maior provedor do mundo de educación continuada en implantes dentais.

O ICOI é unha asociación de dentistas, cirurxiáns orais e maxilofaciais, periodoncistas, protésicos, endodoncistas, ortodoncistas, técnicos de laboratorio, auxiliares, representantes da industria, investigadores, profesores, estudantes de odontoloxía pre e post doutorais de postgrao, así como o público en xeral.  

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica