CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

Fisioterapia deportiva na Coruña

Descobre todos os tratamentos de fisioterapia deportiva na Coruña que ofrecemos no Centro Médico Dental Pardiñas.A maioría de persoas que practican deporte sufriron ou sufrirán algún tipo de lesión deportiva. Por iso, tan importante é tratar de previr lesións como curalas correctamente con axuda da fisioterapia deportiva.

Entre as lesións máis frecuentes atopamos as escordaduras, tendinites, rachos musculares, lesións en articulacións, luxacións e fracturas. A falta de quecemento, o mal desenvolvemento da actividade deportiva ou o uso inadecuado do equipamento, poden ser os causantes destes problemas físicos. Por tanto, é importante que cando empecemos a realizar un novo deporte saibamos como executalo, quentemos da maneira axeitada guiados por un profesional que realice un seguimento e protocolo do mesmo.

Tipos de tratamentos de fisioterapia no deporte

Un fisioterapeuta deportivo pode axudarte tanto na prevención como no tratamento de lesións da maneira máis rápida e evitando a reaparición ou cronificación. Son moitas as alteracións que se poden atopar no ámbito deportivo tanto a nivel óseo como de partes brandas. Por iso, a técnica utilizada variará dependendo a natureza da lesión. Entre os tratamentos de fisioterapia deportiva máis utilizados atopamos:

  • Masaxes deportivas: este tipo de masaxes son útiles tanto para quentar como ao finalizar a actividade.
  • Estiramentos: os estiramentos teñen que ser analíticos e globais son importantes tanto no adestramento como no quecemento, xa que axudan a gañar eficacia no rendemento e á recuperación e rehabilitación.
  • Kinesiotaping: a vendaxe neuromuscular ou kinesiotaping é a aplicación de vendas adhesivas elásticas de cores que, segundo a súa colocación, favorece ou relaxa a contracción muscular, alivia a dor, mellora a circulación e elimina a inflamación, entre outros.
  • Vendaxes funcionáis: este tipo de vendas permiten estabilizar unha estrutura restrinxindo o rango de movemento nun ou varios planos.
  • Electroestimulación: mediante a aplicación de diferentes programas conseguiranse impulsos eléctricos con variedade de frecuencia e amplitude, coa que poderemos relaxar a musculatura, aliviar a dor, desenvolver forza, velocidade e resistencia dos músculos seleccionados, potenciar fibras musculares danadas ou favorecer a circulación, favorecendo unha recuperación máis rápida tras o esforzo deportivo
  • Crioterapia e termoterapia: este procedemento consiste na aplicación de frío (crioterapia) ou calor (frioterapia) mediante diversos axentes físicos.

Xa sabedes que todos estes tratamentos de fisioterapia deportiva están na Coruña, nas instalacións da Clínica Médico Dental Pardiñas. Así que, se necesitades a atención dun fisioterapeuta, non dubidedes en contactar.

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica