CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

Fisioterapia para a disfunción temporomandibular

 Padeces disfunción temporomandibular? Na nosa clínica da Coruña ofrecemos fisioterapia para o tratamento de problemas na ATM. Máis información aquí.

A articulación temporomandibular (ATM) é a encargada da mobilidade da mandíbula. A ATM está en constante movemento e é a que nos permite masticar os alimentos, falar ou bostezar. O seu funcionamento é tan complexo que pode carrexar problemas como as chamadas disfuncións temporomandibulares, que son fallos de conexión entre as diferentes partes da articulación.

Os principais signos da disfunción temporomandibular son as limitacións e desviacións para abrir a boca ou movela cara aos lados, así como os ruídos (chasquidos) articulares. Poden estar provocadas por malos hábitos posturales (como nos sentamos ao comer, conducir ou estudar), fracturas, cirurxías, tratamentos dentarios prolongados, tensións, bruxismo, morderse as unllas ou problemas na aliñación dental.

A principal consecuencia dos problemas temporomandibulares é a dificultade para comer e falar, o cal se traduce en sensación de fatiga e dores de pescozo, ollos, boca e oídos. Outros problemas asociados son a vertixe, a alteración do equilibrio e mareos, acúfenos (ruído nos oídos), problemas de vista, bloqueos mandibulares e sensación de quemazón.

Se padecemos algún destes síntomas e molestias, a fisioterapia pode axudar a restablecer o movemento normal da mandíbula e reducir a dor. En Clínica Pardiñas poñemos a disposición dos nosos pacientes da Coruña un tratamento fisioterapéutico contra a disfunción temporomandibular. A nosa terapeuta explorará, valorará e tratará todo o sistema masticatorio desde un conxunto global. Algúns dos tratamentos que a fisioterapia da ATM pode incluír son as terapias manuais, técnicas especiais para a dor, reeducación postural, exercicios activos e consellos educativos preventivos.

Así que, se vive en Galicia e ten algún problema relacionado coa disfunción temporomandibular, non dubide en contactar connosco. No noso centro médico dental ofrecerémoslle o mellor tratamento para os seus problemas de mandíbula.

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica