CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

A Fundación Clínica Pardiñas investiu en 2015 máis de 85.000€

Ao longo de 2015, a Fundación Clínica Pardiñas destinou 86.865 euros a tratamentos odontolóxicos para pacientes sen recursos.Agora que comeza 2016, toca facer balance do traballo realizado pola nosa fundación o ano anterior. En 2015, a Fundación Clínica Pardiñas realizou tratamentos odontolóxicos por valor de 86.865€ a 40 pacientes diferentes. Todos os beneficiarios do noso labor solidario pertencen a sectores desfavorecidos ou en risco de exclusión social en Galiza.

Entre as actividades realizadas pola Fundación Clínica Pardiñas en 2015, cabe destacar a xornada gratuíta adicada á exploración do cancro bucal, o Máster de Ortodoncia Clínica, e a creación do Premio Fundación Clínica Pardiñas, un galardón que se entregará ao finalizar a tempada ao xogador do Deportivo da Coruña máis votado polos afeccionados. Este premio tamén permite aos votantes doar un euro ao labor da fundación e entrar así no sorteo de material asinado polos xogadores do Depor.

A Fundación Clínica Pardiñas naceu a principios do ano 2014 co obxectivo de atender a saúde bucodental daquelas persoas sen suficiente capacidade económica para permitirse un servizo deste tipo. Pretende ofrecer tratamentos básicos de prevención e asistencia bucodental que non cobre a seguridade social, sen substituír a esta na prestación de servizos, senón fomentando o seu uso.

A Fundación Clínica Pardiñas afronta este novo ano coa mesma ilusión coa que naceu e coa expectativa de poder ofrecer cada vez tratamentos a un maior número de persoas.

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica