|
Os
nosos gabinetes dentais:
A clínica dispón de
cinco gabinetes completos dedicados a distintas especialidades:
- Tratamentos
de odontoloxía xeral
- Estética
dental e ortodoncia.
- Exploración
e diagnóstico
- Profilaxe
e análise do cuspe.
O gabinete de profilaxe e análise do cuspe é
o refuxio das nosas hixienistas. Aquí debátese
sobre saúde xinxival e oral en xeral. Ensínanse
as técnicas axeitadas de cepillado, realízanse
controis de placa, detartraxes e análise do cuspe.
- Cirúrxico,
para intervencións de implantes dentais, cirurxías
periodontais e outras cirurxías orais.

Tecnoloxía:
O
ortopantomógrafo dixital serve para realizar
radiografías da boca completa de frente e de perfil
(teleradiografía), de gran utilidade para diagnósticos
xerais da boca e estudios de ortodoncia.
Asimesmo,
a clínica dispón de 5 aparatos convencionais
de raios X para radiografías de zonas concretas
da boca, ademáis de 5 RVG.
A
RVG é o noso sistema de radiografías
dixitalizadas. Unha vez realizada a radiografía, visualízase
de inmediato en pantalla puidendo ampliala ou contrastar a
imaxe, segundo as necesidades de cada caso.
As
fichas do doente con tódolos seus datos clínicos
están introducidos nun programa de ordenador
conectado en rede entre tódolos gabinetes, os despachos
e a recepción. Isto garantiza que dispoñamos
en todo momento da máxima información sobre
os nosos doentes coa máxima seguridade e confidencialidade.
Cumplimos a Lei de Protección de Datos.
Ademáis,
dispoñemos de gráficos e fotos clínicas,
realizadas co noso propio scanner, dentro do mesmo
sistema informático.
Coa
cámara intraoral, podemos amosarlle a súa
boca polos sitios máis escondidos.
Os
distintos tipos de láseres axúdannos
en moitos tratamentos
orais, dende branqueamentos
dentais ata cirurxías da boca, pasando por empastes,
endodoncias, etc. realizando os tratamentos máis limpos
e indoloros.
Co
microscopio cirúrxico realizamos
cirurxía estética de enxivas e outras intervencións
de precisión.
Coas
centrífugas obtemos os factores de crecemento
para a rexeración ósea co sangue do propio doente
dun xeito moi sinxelo e rápido (PRGF).
Galería
de vídeos:
Faga
click en cada sá para ver un vídeo da nosa clínica.

Galería
fotográfica:
| Área
de recepción |
|
| |
| Sás
de espera |
|
| |
| Vista
do interior da Clínica |
|
| |
| Vistas
dos cinco gabinetes da clínica |
|
| |
| Área
de esterilización |
|
| |
| Ortopantomógrafo
dixital |
|
| |
| A
nosa
clínica é tamén un espazo para a
arte... |
|
|
|