|
Na
Clínica Dental Pardiñas estamos moi orgullosos
do noso equipo humano. A nosa formación científica
e tecnolóxica está avalada polos tratamentos
complexos realizados con éxito nos nosos doentes.
O
Dr. José Pardiñas Arias, médico
estomatólogo, é o director responsable da clínica.
Especialista en implantes dentais osteointegrados, en cirurxía
oral, e periodoncia.
Licenciado en Medicina e Cirurxía no ano 1983 pola
Universidade
de Santiago de Compostela coa calificación de Sobresainte.
É especialista en estomatoloxía no ano 1986.
Nese mesmo ano comeza a súa andadura profesional, e
en 1996 decide crear un novo proxecto, moi ambicioso con conceptos
modernos de traballo, tecnoloxía e organización:
A Clínica Pardiñas.
O
Doutor Pardiñas é especialista en implantes
dentais (1992, Universidade
Complutense de Madrid); especialista en periodoncia (1995,
Clínica
Gingiva - Madrid), e Master en próteses dentais
(2001, Esorib).
Asimesmo realizou numerosas estancias de formación
continuada en clínicas de especialistas de periodoncia
e implantes, de renome nacional e estranxeiro.
É
membro das seguintes sociedades científicas: (SEI
(Sociedade Española de Implantes), SEPES
(Sociedade Española de Prótese Estomatolóxica),
SEPA (Sociedade
Española de Periodoncia e Oseointegración),
SEDCYDO
(Sociedade Española de Disfunción Cráneo-Mandibular
e Dor Orofacial), SGOMQ (Sociedade Galega de Odonto-Estomatoloxía
Médico-Cirúrxica), GEOBE (Asociación
Profesional de Grupo de Estudios en Oclusión Biolóxica),
e AEOM (Asociación Española de Odontoloxía
Microscópica).
A
Doutora
Carmen López Prieto, médico e odontólogo,
encárgase do campo da odontopediatría, ortodoncia,
e estética dental.
A
Dra. López Prieto é licenciada en Medicina e
Cirurxía pola Universidade
de Santiago de Compostela, e licenciada en odontoloxía
no ano 1992 pola mesma universidade. Especialista en periodoncia
(1995, Clínica
Gingiva - Madrid) e ortodoncia (1992, Ceosa;
e 1998, Gnathos).
Master en estética dental e periodoncia.
É
membro das seguintes sociedades científicas: SEDO
(Sociedade Española de Ortodoncia), SEPES
(Sociedade Española de Prótese Estomatolóxica),
SEPA (Sociedade
Española de Periodoncia e Oseointegración),
GEOBE (Asociación Profesional de Grupo de Estudios
en Oclusión Biolóxica), e SGOMQ (Sociedade Galega
de Odonto-Estomatoloxía Médico-Cirúrxica).
A
Srta. Isabel Fontanes Mourelle, persoa cunha formación
impecable en tódalas áreas da consulta: hixienista,
auxiliar e organizadora, por iso é a nosa coordinadora
xeral e responsable de calidade.
Formada
inicialmente en Suíza en distintas clínicas
dentais, apórtanos o seu saber facer cunha grande responsabilidade.
Ten como lema o orde e a disciplina, domina varios idiomas
e é unha relacións públicas excelente.

Félix
Gómez Baño, protésico dental. Especialista
en implantes, cerámica dental e ortodoncia. El, coma
director do seu laboratorio de prótese é quen
deseña e crea os dentes. O laboratorio de prótese
é un labor fundamental dentro do organigrama dunha
clínica dental.
A
Srta. Pilar Martínez Arias, técnico especialista
en Hixiene Dental, encárgase da sección de prevención.
Ela é quen asistirá a vostede nas detartraxes,
selados de fosas e fisuras, fluorizacións, normas de
cepillado, toma de impresións, retirada de puntos,
e outros labores de prevención.

A
Srta. Mónica Iglesias García. Auxiliar
de gabinete dental con máis de dez anos de experiencia.
Colabora activamente dentro dos gabinetes coma instrumentista.

A
Srta. Tamara Campos Pérez é técnico
especialista en Hixiene Dental. Está capacitada para
realizar calquera función auxiliar dentro da clínica,
con amplios coñecementos teóricos eprácticos.

A
Srta. Marta Añón González é
hixienista dental. Realiza labores auxiliares en tódalas
especialidades.

A
Srta. Lorena Rodríguez Blanco é
técnico especialista en hixiene bucodental ye ademáis
asistiráo en labores de prevención de enfermidades
das enxivias e de caries.
Os
traballos de detartraxes, selados de fosas efisuras, fluorizacións,
ensino da hixiene oral, toma de impresións, retirada
de puntos de sutura, raspaxes e alisados, confección
de provisionais, colocación de fíos retractores,
toma de radiografías e mailo seu revelado serán
realizados pola Hixienista Dental ou Auxiliar Dental, sempre
baixo a supervisión de profesional médico.
A
formación continuada de todos nós é un
dos nosos principais obxetivos para poder ofrecerlle sempre
o mellor. A calidez e cercanía no trato é outra
das nosas prioridades.
Foto
de familia
|