|
Estudio
dental
A
Clínica Dental Pardiñas creou esta nova sección
dentro da propia Clínica para facilitar información
de primeira man sen custo algún
para Vd sobre implantes dentais.
Só
terá que chamar ó teléfono 881-92.72.01
para concertar
unha cita e será informado detalladamente pola nosa
coordinadora, Srta. Isabel Fontanes
Mourelle e o Dr. José
Pardiñas sobre as posibilidades restauradoras da
súa boca con implantes,
así como dos custos
do tratamento e das probas complementarias necesarias
para o diagnóstico.
¿O
estudio de implantes é gratis?
Non.
Facer un estudio implantolóxico é facer un diagnóstico
para enfocar despois o tratamento oportuno coas mellores garantías
de éxito. Un estudio implica, ademáis da exploración
clínica, unha serie de probas complementarias como
son radiografías panorámicas, modelos de estudio,
férulas, encerados, etc.; e en algúns casos
un escáner. É evidente que todo isto ten uns
custos que debe asumir o doente. Facer un diagnóstico
nunca pode ser gratuito posto que é a parte máis
importante de calquera acto médico.
Daquela,
¿cál é a información sen custo?
Ó
doente asesóraselle persoalmente sen ningún
tipo de compromiso e se lle explica en qué consiste
un tratamento con implantes dentais, qué tipos de implantes
existen, cómo son as distintas fases, cánto
tempo leva o tratamento, cómo é o post-operatorio,
cáles son os distintos tipos de prótese que
van sobre os implantes. E por suposto, os custos orientativos
do tratamento e dos estudios previos.
Todo
isto, dun xeito didáctica, "tocando" e "vendo"
tódolos compoñentes. En definitiva, resólvenselle
ó doente tódalas posibles dúbidas que
poida ter.
|