|
Falsas expectativas nos tratamentos dentais
Cando
falamos de resolución de problemas complexos orais
é moi importante coñecer cales son as perspectivas
do doente, qué é o que él espera conseguir
cos nosos tratamentos. Os profesionais temos que ser capaces
de prever onde podemos chegar nesa boca en concreto e transmitirllo
ó doente, para iso debemos ter os suficientes datos
(análise oclusal, modelos de estudio, radiografías,
fotografías...)
Unha
vez estudiado o caso se os nosos obxetivos non coinciden cós
do doente temos que saber dicir "non", sobre
todo cando o que nos propón está fóra
da realidade. Así case sempre hai unha solución
pero non sempre é a ideal.
A
falsas expectativas son sempre o peor inimigo en calquera
relación. É evidente que se unha boca se atopa
nun estado de enfermidade periodontal
moi
avanzada, por moito que construamos enriba deses dentes vai
resultar un fracaso a medio prazo, posto que acabarán
fallando os alicerces.
Se
unha persoa está desdentada con grandes reabsorcións
óseas maxilares, ainda
a pesares dos inxertos non
podemos crear un volume ideal para que os dentes fixos sobre
implantes emerxan do lugar
axeitado. Neste caso é máis oportuno facer unha
sobredentadura
retida por implantes que unha prótese totalmente fixa
xa que gañaremos en estética.
Se
falamos de ortodoncia tamén
cada caso é un mundo e en moitas situacións
non se pode conseguir unha boca "10". Existen moitas
variables que hai que ter en conta e para iso serven os estudios
previos, para facer un diagnóstico correcto. Non é
o mesmo un problema de apiñamento dentario que un problema
de discrepancias óseas entre os dous maxilares. Haberá
casos nos que para conseguir unha boa oclusión será
necesaria unha cirurxía ortognática combinada
coa ortodoncia.
Incluso
para facer un branqueamento dental
é fundamental o diagnóstico para explicarlle
ó doente o seu caso particular.Non é o mesmo
unha tinción severa por tetraciclinas que o efecto
do cambio de cor polo envellecemento da dentina.
|