Somos especialistas
 
Inicio do espacio web A clínica Pardiñas: información xeral Información sobre a súa primeira visita O módulo interactivo


ISO 9001:2000
ISO 9001:2000

 

Halitose
Unha excelente hixiene dental axuda a superar este problema

 


 

Halitose

Se vostede padece de halitose (mal alento), deberá cepillarse os dentes tres veces ó día: recén levantado pola mañán, despois da comida do mediodía, e inmediatamente antes de deitarse pola noite. Ademáis, debe seguir as seguintes instruccións:

  1. Trala hixiene dental, deberá cepillar, có cepillo sen pasta de dentes, tamén os carrillos e a lingua, procurando chegar nesta o máis cara atrás posible. Esta operación pódese realizar máis fácilmente usando, en vez do cepillo un limpador lingual, como o Halita, da casa Dentaid, segundo as instruccións que adxunta. O limpador véndese en farmacias.
  2. Despois de enxuagarse, Vd. deberá depositar sobre a lingua 15 ou 20 gotas de Clysident Plus. Coa axuda da lingua e o propio cuspe, deberá distribuir a espuma que se forma por toda a boca durante uns dous minutos. Escupa o exceso e NON enxuague a boca, para que o efecto se prolongue o maior tempo posible.

En caso de comer fóra de casa, deberá realizar a limpeza tal e como se indicou en canto teña posibilidade de facelo. Se non hai máis remedio pódese, excepcionalmente, prescindir da limpieza do mediodía, pero de ningún modo deben deixar de practicarse a matinal e a nocturna.

Debe evitar ter a boca seca. Se se ten tendencia ocasional á sequedade de boca, pódese correxir masticando un chicle dental, como o Biotene, de venta en farmacias.

Tamén é conveniente practicarse unha limpeza de boca cada seis meses aproximadamente.

E se recomenda visitar o seu periodoncista para revisión e eventual tratamento, xa que a enfermidade periodontal é unha das causas principais do mal alento.

Outras causas poden ser por problemas de vías respiratorias (altas ou baixas) ou dixestivas.

É evidente que antes de tratar o problema hai que facer o diagnóstico.

 

Implantes dentales y prótesis Implantes dentais e próteses
Enfermedades de las encías Enfermidades das enxivas (periodontais)
Ortodoncia Ortodoncia
Estética dental

Estética dental

Regeneración de hueso maxilar Rexeración do óso maxilar
Outras consideracións bucodentais
  HALITOSE
    Problemas en apertura e peche da boca
    Normas tralas operacións cirúrxicas
    Falsas expectativas

 

Dirección de la clínica E-mail de la Clínica Pardiñas