Somos especialistas
 
Inicio do espacio web A clínica Pardiñas: información xeral Información sobre a súa primeira visita O módulo interactivo


ISO 9001:2000
ISO 9001:2000

 

Moi poucos fracasos

O índice de éxito en mans expertas é do 99%

 



Posibles complicacións:
¿Poden fracasar os implantes dentais?

Cando falamos de criterios do éxito dos implantes hoxe sabemos que en mans expertas o índice de éxito a longo prazo é do 99%. Lóxicamente eses éxitos conséguense seleccionando ó doente axeitadamente. Pero non cabe dúbida de que queda aí un pequeno porcentaxe de fracasos, ainda realizando tódolos protocolos rigurosamente.

Quero lembrar que estes fracasos non son debidos ó "rexeitamento" posto qOs implantes non son tan complicados como algúns reloxiosue este non existe como tal cando se colocan implantes de calidade contrastada.

Estes fracasos podemos dividilos en precoces e tardíos, e pasaremos a analizar as súas causas.

Os fracasos precoces son aqueles que suceden nos primeiros meses, antes de colocar a prótese sobre eles e poden deberse a que a calidade do óso non sexa a axeitada, de feito hai máis fracasos no maxilar superior que no inferior porque adoita ser un óso máis esponxoso, menos compacto, en definitiva de peor calidade.

Outros factores que inflúen son a calor que se pode orixinar co fresado previo á colocación do implante, polo que é fundamental unha boa irrigación durante o paso sucesivo das distintas fresas (brocas que nos axudan a perforar o óso) e durante a colocación do propio implante e por suposto traballar coas revolucións axeitadas nas pezas de man. Non se debe de traballar a alta velocidade xa que neste caso a pesar da irrigación é inevitable un quecemento que provoca necrose do óso a ese nivel, có cal o implante non se integra.

Se se fai moita presión ó fresar tamén se pode danar o óso impedindo unha boa rexeración. As fresas deben ter un corte impecable e débense rexeitar tras cada uso.

Hai pois que respetar a bioloxía ósea para que os proceses de cicatrización sexan os correctos.

Unha infección tamén nos pode levar ó fracaso do implante. É imprescindible traballar con todo o material estéril e nun ambiente de asepsia.

Se cargamos cunha prótese uns implantes prematuramente estes tamén poden fallar.

Unha vez colocada a prótese, se ésta non se axusta perfectamente sobre os implantes pode crear tensións neles. O axuste debe de ser totalmente pasivo e ensamblarse sen ningún tipo de presións, senón podemos estar chamando ás portas do fracaso.

O tipo de mordida é importante, os doentes apretadores e/ou rechinadores nocturnos (bruxistas) poden acabar fracturando un implante ou algún aditamento intermedio por exceso de presión.

A oclusión hai que equilibrarla axeitadamente ainda que o doente non sexa bruxista xa que a masticación é dinámica e hai que buscar unha armonía en tódolos movementos. Hai determinados tipos de mordidas que poderían contraindicar a utilización dos implantes.

 

 
ÓS IMPLANTES DENTAIS
    ¿Qué son?
   

Indicacións

    Tratamento
    Implantes inmediatos
    Implantes e dentes no día
    Mantemento
    Soporte óseo
    Rexeitamento
  Posibles complicacións
    ¿Cánto custa?
ENFERMIDADES DAS ENXIVAS
ORTODONCIA
ESTÉTICA DENTAL
REXENERACIÓN DO ÓSO MAXILAR
OUTROS TEMAS BUCODENTAIS
     

 

Dirección de la clínica E-mail de la Clínica Pardiñas