Somos especialistas
 
Inicio do espacio web A clínica Pardiñas: información xeral Información sobre a súa primeira visita O módulo interactivo


ISO 9001:2000
ISO 9001:2000

 

O tratamento completo
para un dente é sempre inferior ós 1.950 euros.

 



¿Cánto custa un implante dental?

No tratamento con implantes hai dúas partes claramente definidas, a do implante ou implantes propiamente ditos, e a da peza ou pezas dentais que van sobre eles.

Para a súa orientación, na nosa Clínica o implante propiamente dito oscila entre os 700 e os 1.150 euros, e a peza dentaria que vai sobre os implantes oscila entre os 550 e 800 euros.

¿Por qué son tan caros os implantes?

Non nos gusta falar de caro ou barato porque isto sempre é relativo. Nos gusta dicir se realmente vale o que custa. Hai que matizar, como tódolos aspectos da vida, que segundo sexan os implantes e o profesional, así serán os custos.

Nos custos inflúen diversas variables: Número de implantes a utilizar, marca dos implantes utilizados, dificultade clínica do procedemento e fundamentalmente a experiencia do profesional.

¿Qué inclúe o noso orzamento?

  • Os custos do implante (sistema Bränemark, de Nobel Biocare, entre outros), parafuso de peche, pilar de cicatrización, pilar definitivo, parafuso do pilar, metal noble e cerámica da peza dental e tornillo de fixación de ouro.
  • Gastos de quirófano de primeira e segunda cirurxía (primeira e segunda fase) con todo o material necesario para iso: sábanas e panos desechables, batas desbotables, suero, equipo instrumental completo e xogo de fresas para vostede só. Non utilizamos fresas de máis dun uso.
  • Visitas de retirada de puntos e controis de cicatrización así como os controis radiográficos necesarios durante todo o proceso.
  • Custos de materiais de impresión, toma de rexistros, toma de arco facial e as visitas necesarias para as probas de axuste e estética.
  • Custos de laboratorio. Todo o que conleva a fabricación a medida da súa peza ou pezas dentais, pequenas xoias que se miman en todo o seu proceso de elaboración. Utilizamos os mellores metais nobles e as mellores cerámicas.
  • As dúas primeiras revisións para chequeo de oclusión e control radiográfico durante os tres meses seguintes á finalización do tratamento.
  • E o máis importante: O noso saber facer profesional dende fai máis de catorce anos como especialistas exclusivos en implantes dentais. Estamos formándonos continuamente e levando a cabo sempre as últimas técnicas debidamente contrastatadas.
  • Finalmente, se un implante non se integra (o que acontece arredor do un por cento dos casos), repoñémosllo sen custo algún para vostede. Dámoslle unha garantía por escrito de 10 anos para os implantes e de 5 para as próteses. Solicitámoslle tamén un consentimento informado por escrito.

Infórmese axeitadamente de cómo é exactamente todo o procedemento.

 

 
OS IMPLANTES DENTAIS
    ¿Qué son?
   

Indicacións

    Tratamento
    Implantes inmediatos
    Implantes e dentes no día
    Mantemento
    Soporte óseo
    Rexeitamento
    Posibles complicacións
  ¿Cánto custa?
ENFERMIDADES DAS ENXIVAS
ORTODONCIA
ESTÉTICA DENTAL
REXENERACIÓN DO ÓSO MAXILAR
OUTROS TEMAS BUCODENTAIS
     

 

Dirección de la clínica E-mail de la Clínica Pardiñas