|
Indicacións
e Contraindicacións
Os
implantes funcionan a modo de raíces artificiais para
poder apoiar sobre eles as pezas dentarias ausentes.
En
principio toda persoa que teña ausencia de algún
ou de tódolos seus dentes é candidata a recibir
implantes sabendo que existen outras alternativas como prótese
parcial removible, completa removible ou fixa convencional.
 |
Se
unha persoa desdentada total ten problemas coas súas
próteses completas ben porque sexan inestables
e lle creen problemas á hora de comer, falar, rir,
bicar; ou ben por outros motivos como reflexos de náuseas
ou por unha incapacidade psicolóxica incluso existindo
a axeitada estabilidade e retención da dentadura,
esta é unha indicación para ser portadora
dunha prótese sobre implantes, xa sexa totalmente
fixa ou unha sobredentadura.
|
Implante
unitario co seu dente correspondente
|
Unha
sobredentaura é
unha prótese removible estabilizada por varios implantes.
Outras
indicacións importantes son os desdentados posteriores
que non queiran levar unha prótese "con ganchos"
ou cando hai ocos intermedios e ainda a pesares de poder levar
algo fixo apoiado nos seus dentes non queiran rebaixar as
súas pezas, o cal sería triste se esas pezas
ademáis están intactas.
A
primeira contraindicación serían unhas expectativas
pouco realistas por parte do doente; por iso é necesario
facer un estudio serio e informar ó doente de toda
a problemática do seu caso sabendo o que se pode conseguir
no ámbito de estética e de función e
as limitacións que poida ter.
| Antes
de colocar os implantes a boca debe de estar saneada,
é dicir, sen placa nin sarro, coas caries obturadas,
sen focos infecciosos, coas mucosas sanas e coa posible
enfermidade periodontal (piorrea)
controlada. |
 |
Ponte
fixo de 3 pezas
apoiado sobre 2 implantes
|
Os
doentes con enfermidades sistémicas graves, con trastornos
mentais importantes, os dependentes de drogas (incluíndo
aquí ós grandes fumadores e alcohólicos)
non deberían de levar implantes. Con respecto ós
fumadores está demostrado que hai máis fracasos
porque algúns compoñentes do tabaco alteran
a vascularización do óso e as enxivas.
Nas
persoas que teñan os maxilares moi reabsorbidos ou
un óso de mala calidade, podemos ter dificultades para
poder colocar os implantes posto que estes ocupan un volume
e necesitamos unha altura e anchura mínimas. Nestes
casos pode ser necesario facer algún inxerto
óseo previo.
Na
parte posterior
do maxilar superior os senos maxilares (cavidades ocas que
hai a ambos lados do nariz) moi baixos, nos poden limitar
tamén a súa colocación. O mesmo que no
inferior a situación anatómica do nervio dentario
inferior.
Hai
que ter en conta tamén o tipo de mordida do doente;
ós doentes apretadores ou bruxistas (rechinadores nocturnos)
poden facernos fracasar algún implante por un exceso
de carga sobre estes . É importante pois facer un diagnóstico
previo o máis minucioso posible analizando todos e
cada un dos parámetros tanto clínicos como funcionais
e por suposto estéticos.
O
tabaco tamén é unha consideración. É
moi importante que o doente ou ben non sexa fumador ou que
fume menos de 5 cigarrillos ó día. O tabaco
provoca unha diminución do aporte sanguíneo
ós texidos orais, co cal diminúe a aportación
de osíxeno a dita zona, poñendo en perigo a
óseointegración
dos implantes.
|