Somos especialistas
 
Inicio do espacio web A clínica Pardiñas: información xeral Información sobre a súa primeira visita O módulo interactivo


ISO 9001:2000
ISO 9001:2000

 

Inmediatos
Un tratamento que proporciona un elevado benestar ós doentes

 


¿Qué son os implantes inmediatos?

Son implantes que se colocan inmediatamente despois de facer unha ou varias extraccións dentarias, pero isto non quere dicir que se coloquen os implantes e os dentes ó mesmo tempo. Cando hai un problema nun dente que obriga a súa extracción, por exemplo unha fractura da súa raíz pódese planificar o colocar o implante inmediatamente despois da extracción sen esperar a que cicatrice a ferida. Esto ten a ventaxa de que se gaña tempo pero non se pode facer se o dente está infectado. Se isto ocurrira primeiro hai que extraer o dente, liberar correctamente o proceso infeccioso, suturar, dar o Prótese fixa híbrida inferior sobre 5 implantestratamento oportuno e esperar arredor dun mes. Ó cabo deste tempo pódese xa colocar o implante (neste caso chamámoslle implante diferido).

De calquera maneira, unha vez colocado o implante hai que esperar a que este se "integre" ó óso antes de colocar o dente ou os dentes enriba. O tempo de espera entre a colocación do implante e a prótese oscila entre 2 e 4 meses dependendo de se é maxilar inferior ou superior, no superior a espera é maior porque a calidade do óso soe ser peor. Hoxe en día a tendencia é a reducir estes tempos de espera. En moitos casos xa estamos colocando os implantes e mailos dentes fixos no mesmo día ou no día seguinte (ver implantes de dentes no día).

Durante o tempo de espera pódese colocar unhaPrótese fixa híbrida inferior sobre 5 implantes desmontada prótese provisional (xeralmente removible sobre todo para solucionar zonas de estética) para que o doente estea o menor tempo posible sen dentes.

Quero insistir na importancia de individualizar cada caso, cada persoa é un mundo e incluso dentro da mesma boca é frecuente que haxa uns lugares máis problemáticos que outros. O especialista debe ser capaz de facer un diagnóstico previo, claro e preciso para poder obrar en consecuencia e aplicar os protocolos establecidos coas garantías necesarias.

Na actualidade estamos moi satisfeitos cos resultados deste tratamento polo propio benestar que alcanzan os doentes. A persoa que vai a ser portadora destes aditamentos debe ser "doente" e colaborar estreitamente en tódalas probas protéticas previas á colocación definitiva dos seus dentes.

 

 
OS IMPLANTES DENTAIS
    ¿Qué son?
   

Indicacións

    Tratamento
  Implantes inmediatos
    Implantes e dentes no día
    Mantemento
 
    Soporte óseo
    Rexeitamento
    Posibles complicacións
    ¿Cánto custa?
ENFERMIDADES DAS ENXIVAS
ORTODONCIA
ESTÉTICA DENTAL
 
REXENERACIÓN DE ÓSO MAXILAR
OUTROS TEMAS BUCODENTAIS
     

 

Dirección de la clínica E-mail de la Clínica Pardiñas