Somos especialistas
 
Inicio do espacio web A clínica Pardiñas: información xeral Información sobre a súa primeira visita O módulo interactivo


ISO 9001:2000
ISO 9001:2000

 

Mantemento
Ainda que non susceptibles de caries, hai que extremar o coidado cunha boa hixiene dental

 


Importancia do mantemento

Unha vez que o doente superou tódalas visitas con tódalas probas de rigor e por fin xa ten os seus dentes novos na boca é necesario a partir de agora facer un seguimento das súas próteses sobre implantes.

Temos que pensar que o feito de masticar implica unha serie de movementos da mandíbula sobre o maxilar superior, nestes movementos interveñen moitos músculos da cara, algún dos cales poden facer unha forza tremenda á hora de masticar, ademáis a mandíbula non só ten movementos de apertura e peche senón tamén de lateralidade e cincunducción. Os dentes naturais están dotados duns mecanismos de defensa contra eses traumas que sofren a diario; entre eles un dos máis importantes é o ligamento periodontal, unha estructura que rodea ás raíces no interior do óso e actúa a modo de colchón amortiguador contra o trauma masticatorio. Tamén existen uns receptores de presión que nos avisan cando debemos deixar de apretar.

Sobredentadura superior para estabilizar sobre una barra unida a 4 implantesAs pezas dentarias que están apoiadas sobre implantes non dispoñen de este ligamento nin deses receptores de presión, senón que o implante ten unha unión íntima ó óso non permitindo ningunha flexibilidade, é pois fundamental controlar que a unión entre dentes e implantes sexa pasiva para non someter a éstos a cargas extras. Por outro lado é imprescindible axustar correctamente a oclusión. Á hora de morder debe de haber un perfecto equilibrio entre os dentes de maxilar superior e inferior, tendo en conta os movementos de lateralidade e de protrusiva, para que os implantes non se vexan forzados en determinados movementos da boca. estes controis hai que facelos o mesmo día e nos seguintes días á colocación das pezas definitivas.

A medio prazo hai que vixiar a acumulación de placa e sarro. Non debemos olvidar que no adulto a primeira causa de perda de dentes é a enfermidade periodontal (piorrea), e a evolución de esta enfermidade está ligada á presencia de placa e sarro nos dentes das persoas predispostas. Pois ben moitas persoas ás que se lle colocan implantes é porque perderon dentes por "piorrea". Agora os seus novos dentes emerxen da enxiva a través dos pilares, e nestes pódese acumular igual placa e sarro, por iso é necesario controlar e limpar periódicamente estes acumulos nocivos para as enxivas e por ende para os implantes que están dentro do óso.

A anatomía das pezas sustituidas por medio de implantes non é exactamente igual ás naturais, en xeral hai máis recovecos cos implantes co cal hai que extremar a hixiene e utilizar os aditamentos especiais que existen para a súa limpeza. Dende logo unha persona que abandoara a súa hixiene bucal durante toda a súa vida e perdera as súas pezas por este motivo senón se mentaliza para cambiar os seus hábitos, pode non ser candidato a rehabilitar a súa boca con implantes.

En moitas ocasións, sobre todo en casos de grandes rehabilitacións, é necesario colocar una férula entre os dentes para relaxar a musculatura da cara e evitar grandes tensións nos implantes.

É evidente que os dentes sustituidos por medio de implantes non se van estropear por caries, pero non olvidemos que hai que extremar o coidado cunha boa hixiene dental.

 

 
OS IMPLANTES DENTAIS
    ¿Qué son?
   

Indicacións

    Tratamento
    Implantes inmediatos
    Implantes e dentes no día
  Mantemento
    Soporte óseo
    Rexeitamento
    Posibles complicacións
    ¿Cánto custa?
ENFERMIDADES DAS ENXIVAS
ORTODONCIA
ESTÉTICA DENTAL
REXENERACIÓN DE ÓSO MAXILAR
OUTROS TEMAS BUCODENTAIS
     

 

Dirección de la clínica E-mail de la Clínica Pardiñas