|
¿En qué consiste o tratamento?
Primeiro
hai que facer un exame e diagnóstico: Exploración
bucal, historia clínica, estudios radiográficos,
modelos de estudio da boca, etc.
Unha
vez seleccionado o caso, o tratamento consiste nunha serie
de pasos, e divídese nunha Fase Cirúrxica e
unha Fase Protética. Ambas fases son realizadas tanto
por especialistas como por dentistas cunha formación
e entrenamento específicos na técnica. Se o
doente non ten ningún dente, normalmente non hai que
realizar ningún tratamento preparatorio, pero se polo
contrario hai que extraer algún outro dente en mal
estado, haberá que esperar a que cicatrice o maxilar
antes de colocar implantes. Nembargantes, actualmente, moitos
casos os solucionamos de xeito inmediato: Sacamos os dentes,
colocamos implantes, e ás poucas horas colocamos os
dentes fixos (ver implantes
e dentes no día).
A
fase cirúrxica clásica a súa vez ten
dous pasos:
Primeiro
paso: "Instalación do implante ou implantes".
Seguindo unha técnica de gran precisión, vanse
colocando as fixacións ou implantes
dentro do óso. A operación dura entre 1 e 2
horas e normalmente faise con anestesia local. O doente non
ten porqué notar grandes molestias, nin durante a operación
nin despois da mesma. Nun maxilar onde non existe ningún
dente adóitanse colocar entre 5 e 8 implantes, neste
caso non se necesita un implante para cada dente.
Segundo
paso: "Conexión de pilares".
Este segundo paso faise despois dun período de cicatrización
de entre 2 e 4 meses segundo se trate do maxilar inferior
(mandíbula) ou do superior. Este período de
tempo é fundamental para que aconteza a "oseointegración"
e os implantes queden fixados permanentemente ó óso.
Agora realízase unha pequena
intervención na cal se conectan unhas extensións
chamadas pilares ós implantes. Sobre estes pilares
conectarase próteses
terminadas nunha fase posterior. Durante o período
de "oseointegración" pódese utilizar
unha dentadura ou ponte provisional acondicionada, sobre todo
para cubrir as demandas estéticas.
Na
actualidade este segundo paso xa non soe ser necesario, posto
que se o implante na súa colocación queda ben
anclado xa se coloca o pilar de cicatrización no mesmo
acto.
Terceiro
paso: Fase Protética.
Cando
cicatriza a enxiva da segunda fase cirúrxica
(máis ou menos quince días), comézase
coa Fase Protética. O primeiro que se fai é
tomar unhas impresións da boca. Despois necesitarase
de 1 a 4 visitas, durantes as cales evaluarase o axuste, a
función e a estética dos novos dentes.
É
evidente que todo isto debe cadrar coa planificación
previa.
A
nova prótese necesitará os coidados e
revisións habituais, igual que si se tratara de dentes
naturais, posto que ainda que estes novos dentes non van a
ter caries si poden aparecer problemas no cuspe a través
da enxiva.
|